menú
banda larga

81 polígonos galegos terán banda larga ultrarrápida grazas a R e á Xunta

24/03/2017
Blog R

O Plan de banda larga ultrarrápida posto en marcha pola AMTEGA  (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) permitirá que a finais de 2018, un total de 81 polígonos de toda Galicia teñan acceso a internet con velocidade de ata 350 megas.

Rede de fibra óptica

R é o operador de telecomunicacións encargado de ofrecer unha cobertura de banda larga nos polígonos de Galicia na primeira actuación do Plan de Banda Larga do 2020 promovido pola AMTEGA.

En 2016 completouse o despregamento en 17 polígonos en toda Galicia. En 2017 cubriranse outros 30 e en 2018 os 34 restantes.

Estes polígonos poderán desfrutar de servizos de internet por fibra óptica con velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de suba e cunha garantía de velocidade do 80% sen límite de descargas.

Servizos avanzados

Ademais R pon a disposición destas empresas dos polígonos solucións que axudarán a levar a cabo a súa transformación dixital, como son os servizos na nube, a videoconferencia, Internet das Cousas, entre outras.

Todas estos avances son posibles grazas ás redes FTTH (Metro, RFoG, GPON…), que levan a fibra óptica ata a propia empresa nestes polígonos xa conectados ás redes ultrarrápidas de R.

Imaxe de Javier Quesada

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. alfonso louzao cebrian di:

    LAS ADEAS CASA SIN FRIA SERVICIO R CADEL TELEFONO R TELEVSON CADEL R XUNTA

  2. alfonso louzao cebrian di:

    NEGORA TORO LOS SERVCIO CODERTURA MOVIL FRIA ADESL TORO GALICIA BANDA MOVIL 4 g lte rapiro banga mundo INTERNET RES casa 4g 5g movil año 2020