menú

Non perdas a Dico Summit 2017

10/01/2017
Blog R

Interésanche as oportunidades que supoñen as novas tecnoloxías? E os modelos de negocio relacionados cos contidos dixitais? Queres aprender da experiencia de xente moi coñecida? Pois toma boa nota. A AMTEGA (Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia),o  Clúster TIC e o CLAG (Clúster Audivisual Galego), co apoio da Xunta de Galicia, organizan #Dico Summit.

#Dico Summit

Cando: 24 de xaneiro de 10:00 a 19:00 e 25 de xaneiro de 10:00 a 14:30

Onde: Cidade da Cultura – Edificio CINC

O martes, as xornadas comezarán cun relatorio sobre contidos dixitais nun mundo conectado. Máis tarde, falarase das novas plataformas de contidos e os novos mercados que xurden ao seu redor.

A sesión pechará cun relatorio sobre a forza que teñen os contidos dixitais na sociedade.

O sábado, moito máis. A xornada abrirase cunha mesa redonda sobre economía dixital.

O congreso pechará coa entrega dos premios “En busca do talento dixital”

Pero isto non é todo. Ademais de contar con outros relatorios (aquí tes máis  información que che pode interesar), no Dico Summit montarase un showroom, no que poderás coñecer de primeira man os avances tecnolóxicos que están por vir.  Tamén haberá un espazo de networking para que amplíes a túa rede de contactos co obxectivo de atopar sinerxias e estreitar lazos no eido dixital.

Non deixes escapar esta cita e pincha nesta ligazón para inscribirte. Hai 250 prazas, así que non tardes en apuntarte porque é un evento de primeiro nivel e, ademais, gratuíto.

Eventos como este serven de inspiración para emprendedores como ti. Esperamos que poidas sacar partido a esta información, asistir e mesmo atopar unha idea para o teu negocio.

Xa nos contarás.

Ah! e non esquezas levar móbilR para postear todo o que está a suceder co hastag #DicoSummit.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*