menú

En R colaboramos co GDG Galicia DevFest

12/11/2018
Blog R

O próximo 17 de novembro celebrase en Santiago o GDG Galicia DevFest. En R estamos encantados de colaborar cun dos eventos tecnolóxicos de primeiro nivel que se celebran na nosa comunidade.

Vai reservando entrada, porque ademais é gratis. E anota de novo na axenda do teu móbil: 17 de novembro en Santiago, na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC (rúa de Lope Gómez de Marzoa).

Que é o GDG Galicia DevFest

Trátase dun evento pensado para profesionais das novas tecnoloxías, tanto para xente que quere aprender como para persoas que están a desenvolver a súa actividade neste eido.

Falarán poñentes de primeiro nivel e haberá talleres prácticos, polo que a parte teórica e a práctica se van dar a man.

Charlas

Dende primeira hora falarase de temas máis que interesantes:

  • 11:00 – Orquestrando microservizos con Spring Cloud Netflix (José Juan Dios Otero – Plexus Tech)
  • 12:00 – Pausa café
  • 12:30 – Debes considerar usar Flutter no teu proxecto? (Fernando Souto Senior – MOBGEN | Part of Accenture Digital)
  • 13:30 – Improving scheduling decisions in Kubernetes (Javier Provecho – Telefónica)
  • 14:30 – COMIDA (gratis)
  • 15:30 – Charla de temática legaltech pendente de confirmar (Bárbara Román – NoLegalTech)
  • 16:30 – 5 tips e 9 razóns para programar en Ruby on Rails (Betsabeth Torres – Freelance e RailsGirls Venezuela)

Talleres

En paralelo ás charlas, realizaranse estes obradoiros:

  • 11:00 – Machine Learning in practice (Marta Sestelo e Nora M. Villanueva – Gradiant)
  • 12:00 – Pausa café
  • 12:30 – Taller de Gitlab CI: Creación, build e CI/CD con Gitlab CI (Rolando Caldas – Altia S.A.)
  • 14:30 – COMIDA (gratis)
  • 15:30 – Introdución a Actions on Google (Mercedes Rodríguez – 1millionBot)

O evento rematará ás 17:30, cun sorteo de material de Google e a saída ata a zona vella de Santiago para tomar cañas.

Dende R recomendámosche que non deixes de apuntarte porque as prazas do GDG Galicia DevFest son limitadas.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.