menú
galiciatic

Vén ao GaliciaTIC 2019 con R

21/05/2019
Blog R

O edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia acolle o 23 de maio unha nova edición do GaliciaTIC. Dende R gustaríanos que nos acompañases neste evento de primeiro nivel (é gratuíto e ademais, inclúe xantar).

En R estaremos alí, apoiando e participando nesta iniciativa que busca potenciar as iniciativas tecnolóxicas de Galicia. Este ano as tendencias dixitais e as oportunidades para Galicia serán o eixe principal sobre o que xiren todas as actividades dun evento que busca achegar á nosa comunidade os últimos avances tecnolóxicos.

Programa

Haberá empresas de primeiro nivel falando. Ademais de R estará xente de Microsoft, Nokia Imatia, Ozona, Orange, Abanca, Estrella Galicia, Telefónica…

Na xornada analizaranse as tecnoloxías, capacidades e infraestructuras que están a impulsar a transformación dixital. O noso compañeiro Alberto Díaz moderará unha mesa sobre intelixencia artificial na empresa.

Tamén se falará sobre a transformación dixital, a experiencia de usuario, cloud computing, smart cities ou industria 4.0. Consulta o programa completo.

Acompáñanos

Dende R queremos convidarte a que esteas no GaliciaTic 2018. Encantaríanos que nos acompañases porque é un evento que paga moito a pena.

Só tes que rexistrarte e, no tipo de inscrición, poñer “invitado patrocinador”. En “patrocinador” indica R e escribe o código GT2019_R.

http://www.galiciatic.com/inscripcion

inscripción Galicia TIC 2019

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.