menú
formacion nuevo curso

Formación para o novo curso

05/09/2018
Blog R

Chegou o momento de comezar a formación para o novo curso. Estes dous últimos meses seguramente desconectaches, aínda que só fose un pouquiño, da túa actividade laboral. Pero o mercado seguiu evolucionando e non podes quedar desfasado.

Estratexia e modelo de negocio

O teu modelo de negocio e estratexia son as bases do teu negocio ou empresa, así que teñen que estar ben definidos e actualizados.

A metodoloxía que se emprega actualmente para definir un modelo de negocio é a Canvas Business Model. A plataforma de formación online Coursera ofréceche un curso baseado no modelo Canvas para que crees un modelo de negocio cunha proposta de valor orientada aos teus diferentes potenciais.

Por outra banda, Unimooc bótache unha man á hora de establecer a túa estratexia empresarial a través dun curso no que podes coñecer os casos de éxito de diferentes emprendedores. Vas poder tomar nota de moitos aspectos que poderás aplicar á túa estratexia.

Finanzas

A máis dun as finanzas vólveno tolo, literalmente . Pero é necesario que te poñas as pilas con este tema. Aínda que contes con colaboradores que se encarguen de xestionalas, ti tamén debes entender os elementos que definen a situación financeira da empresa.

Se necesitas unha formación intensiva co Programa de Finanzas Corporativas do IE Business School aprenderás todo o que  precisas saber durante dous meses de xeito online. Está dirixido a profesionais de dentro e fóra do sector e ten como obxectivo mostrar unha perspectiva corporativa dos aspectos financeiros e contables dunha compañía. Darache a coñecer as ferramentas e métricas necesarias para tomar decisións que acheguen valor financeiro e corporativo á empresa.

E se soamente necesitas poñerte ao día co tema financeiro o ICEMD e o IESIC acaban de lanzar unha guía básica sobre a economía dixital. O mellor de todo é que a podes recibir gratis no teu correo electrónico.

Márketing Dixital

Seguramente que nesta materia estás ao día, pero non é por desilusionarte, cada día hai cambios no mundo dixital. Así que, non quedes obsoleto, ponte as pilas e bótalle unha ollada ás novas tendencias de márketing.

O vídeo márketing vén pisando forte á hora de comunicar a través de Internet. O consumo de vídeos por parte dos usuarios segue aumentando así que chegou o momento que te comuniques con eles a través deste formato.

Aula CM ofréceche un curso de edición de vídeos destinado exclusivamente a empresas e negocios. Para empezar a dar os primeiros pasos neste mundo non está nada mal. Logo, se te afeccionas, xa podes facer cursos máis profesionais.

E non esquezas analizar os resultados das túas campañas: serán a base da túa futura estratexia de márketing. Se consideras que necesitas un repaso ao tema de analíticas, o ICEMD e o IESIC convocaron un curso online impartido por destacados profesionais do sector.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!

imaxe de unsplash.com/@jeshoots

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.