menú
feliz ano

Feliz ano de bo traballo

13/12/2018
Blog R

Chegou o momento de felicitarlle un ano de bo traballo aos teus empregados. Nestas datas ademais de facer balance de obxectivos alcanzados e cifras, tamén hai que avaliar o traballo do poderoso capital humano da túa empresa.

Se ao longo deste ano xa felicitaches aos teus empregados polo seu traballo, vólveo a facer porque o reforzo positivo nunca está de máis. Ademais, estamos nunhas datas nas que parece que apetece facelo máis que noutras .

Felicita este ano e o próximo

O normal nestes últimos días do ano é desexar que o próximo veña cargado de felicidade, pero tamén é un bo momento para recoñecer aos teus empregados o ben que traballaron neste 2018. E lembrarlles que sen eles non sería posible alcanzar os obxectivos e cifras marcados, nin ser a empresa ou negocio que sodes.

Podes enviarlles un correo electrónico ou unha postal cunha mensaxe de recoñecemento e desexos de felicidade. Pero animámosche a que o fagas en vivo e en directo. Aproveita estes días nos que o traballo diario está máis parado e achégate aos teus empregados para felicitalos polo traballo realizado no 2018 e desexarlles un feliz 2019 e que o traballo siga indo tan ben, ou mellor.

E se esas palabras de recoñecemento positivo van acompañadas dun pequeno detalle, callarán moito máis nos seus sentimentos .

Ideas para regalar

Aquí che deixamos algunhas ideas de pequenos detalles que podes regalar aos teus empregados por facer un bo traballo este ano:

  • Entradas para un espectáculo destacado que se vaia a producir durante o próximo ano na túa cidade. Un deses espectáculos aos que todo o mundo queira ir!
  • Unha tarde libre de traballo. O ideal sería nun día sinalado, como a tarde do 5 de xaneiro para botarlle unha man aos Reis Meigos ou unha tarde previa a un día festivo.
  • Unha sesión completa dun fisioterapeuta. Xa sabes que estar moitas horas na mesma postura desempeñando un traballo ten as súas consecuencias nos músculos.
  • Un bono para gozar dalgunha experiencia gastronómica. Xa se sabe, comer é un pracer!
  • Un bono para asistir a clases de circo, si de circo . É un regalo orixinal, orixinal, para dar vía libre ás emocións e á adrenalina contidas nas horas de traballo. E axudará moito a mellorar as capacidades de traballo en equipo e individualmente.

Estas son algunhas ideas, pero ti coñeces moito mellor aos teus empregados e saberás que detalle agradecerán máis. Pero ollo, á hora de regalar non discrimines a ningún empregado. Lembra que todo o que conseguiu a túa empresa é froito dun traballo en equipo.

E tampouco fai falla que compres uns agasallos súper caros e tires a casa pola fiestra e quedes sen orzamento para o 2019 . Non te veñas arriba!

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!

Imaxe de unsplash.com/@carltraw

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Carlos di:

    Hola.
    Me ha llamado mucho la atención eso de las clases de circo. Me encantaría probar y constato que a varios/as de mis compis de curro tb pero no conocemos ningún sitio en Galicia donde se pueda hacer. ¿Sugerís alguno?

    Gracias!