menú

Estudio GfK: R destaca pola súa atención e servizo

14/03/2019
Blog R

Ola. En R cada ano intentamos avaliarnos, ver que facemos ben, que facemos mal, que debemos mellorar e analizar as opinións que tedes os clientes de empresas sobre os operadores de telecomunicacións.

Neste sentido, acaba de saír o estudo GfK sobre o mercado das telecomunicacións para as empresas en Galicia deste ano. Realizouse unha enquisa a máis de 400 clientes de empresas: autónomos, negocios de 1 ou 2 empreados, de entre 3-9 traballadores, de entre 10 e 49 operarios ou de máis de 50 traballadores de diferentes sectores. Estas son algúns das conclusións que sacamos.

Oferta de valor

En primeiro lugar, vimos que mellorou a percepción dos nosos clientes de aspectos como a cobertura móbil ou a conexión wifi. Estivemos a traballar durante os últimos meses nestes puntos, ampliando a rede, investindo en infraestruturas e en equipos máis potentes.

Por esa razón, unha das conclusións do estudo é que “R destaca como cercana ao cliente, cunha bona oferta de valor e especialmente no seu compromiso con Galicia”.

Atención ao cliente

Un dos puntos que intentamos coidar ao máximo é a atención ao cliente e o soporte técnico. Intentamos ser un operador próximo e cuidar ao máximo as vosas consultas. Por iso, o estudo de GfK sinala a nosa “boa atención ao cliente: resolven as dúbidas e incidencias con rapidez e profesionalidade”.

Móbil

Un dos puntos dos informe sinala que nas empresas “as conexións de internet móbil seguen a usarse profesionalmente, e destacan entre clientes de R”. É dicir, que se trata dunha necesidade.

Neste sentido, non só traballamos en internet conmigo, senón que tamén melloraremos os datos móbiles durante esta primavera. Sabemos que o móvil se usa cada vez máis, polo que queremos que teñades un servizo que responda ás vosas necesidades.

De feito, dende GfK destacan que “o axuste ás necesidades é outra vantaxe para R”, fronte a outros operadores, con produtos máis pechados para empresas.

Telefonía

En canto á telefonía fixa, “a satisfacción xeral e dos elementos específicos da telefonía fixa de R é moi alta”. Como cliente, comentas a necesidade de poder contar con máis bonos de chamadas internacionais, e é algo no que estamos a traballar.

Internet

Sobre a conexión de internet fixa, “R é a marca máis considerada entre os propios clientes”.

Este ano a nosa idea é contar con novas conexións, no caso de que precises máis velocidade. Seempre con opcións profesionais, nas que podes crear diferentes redes wifi, unha por exemplo para os vosos clientes e outra para os traballadores da empresa.

Recomendación

Por último, querémosche agradecer o teu nivel de recomendación. Sabemos que nun mercado con tanta competencia é complicado, pero o informe sinala que “R, que saca unha vantaxe considerable ao resto de marcas”, ademais de liderar a confianza dos clientes.

De novo, durante este 2019 a nosa intención é facer fincapé nos puntos de mellora que nos chegan de cada cliente, reforzar a nosa atención ao cliente e a calidade do servizo. De novo, grazas pola túa confianza.

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

6 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
    • Ola, Berta.

      A fonte é o estudo de Gfk que recollemos e que citamos. As frases entre aspas son literais e o gráfico tamén está extraído do informe, só que quitando os nomes dos outros operadores.

      Un saúdo.

      • Avatar Berta di:

        Ola “quecheparece”,
        son clienta vosa, e dende o cariño, cres que é boa idea pubicar isto agora mesmo?
        Como clienta, quixera dar a miña opinión.
        1. A atención ao cliente falla de base, non tedes comunicación interna.
        2. Mellorar as infraestructuras non xustifica deixar aos clientes sen servizo en reiteradas ocasións.
        3. Por que non incluístes o sevizo 3ollosR no artigo?

        • Ola, Berta.

          Lamento antes de nada se non o fixemos ben no teu.

          Internamente intentamos sempre que haxa moita comunicación, precisamente porque é fundamental. O estudo simplemente recolle a conclusión feita a diferentes empresas que usan o servizo de telecomunicacións en Galicia, co cal nos pareceu ben compartilo. Non hai nada sobre 3ollosR porque se lle preguntou o mesmo aos clientes do resto de operadores e despois se fixo unha comparativa. Ao non teren algo semellante, non vai indicado.

          En canto a deixar sen servizo aos clientes, os traballos programados de mellora facémolos de madrugada, entre as 00:00h e as 7:00h, precisamente para que non afecten ao traballo dos negocios galegos.

          Se non o estamos a facer ben contigo, quedo á túa disposición no correo quecheparece@mundo-r.net para revisalo.

          Un saúdo e graciñas.