menú

encaixe R: novas vantaxes por seres profesional ou negocio

10/10/2018
Blog R

Ola. En R sempre intentamos coidar o máximo os nosos clientes. E ofrecer un trato especial a aqueles que son autónomos, profesionais ou teñen un negocio ou pequena empresa. Sabemos que as telecomunicacións son fundamentais para ti. E que para ser competitivo e non perder ningún cliente, tes que contar sempre co mellor servizo.

Pensando precisamente en darche solucións específicas e ofrecer detalles por teres con R as vosas comunicacións, temos unha nova oferta comercial que chamamos encaixe R.

Personalización

A idea é precisamente que o que che ofrecemos che encaixe. Que vaia coas túas necesidades, co teu tipo de negocio, que se adapte aos teus clientes ou ao que vendes.

Pensamos que un negocio ou un profesional teñen necesidades específicas e diferentes a, por exemplo, un usuario particular. Porque no caso dun negocio ou autónomo, as telecomunicacións son fundamentais para o que fas.

Por exemplo, servizos como un mantemento profesional onde te atenden con maior prioridade ou multiring para que poidas atender chamadas do fixo no móbil e non perder nunca chamadas do teu cliente, cremos que son moi importantes e adaptados para ti.

Como se fora para a nosa familia

Todos temos algún amigo ou familiar que ten un negocio ou que é autónomo. Pensando precisamente neles, deseñamos a nosa oferta de empresas.

Fai o mesmo un profesional que alguén que ten unha oficina con varios empregados? Necesita o mesmo wifi unha tenda que unha cafetería? Pensamos que non, por iso traballamos pensando en cada tipo de usuario.

Para profesionais

Un dos casos que pensamos é nun profesional, nun autónomo que precisa teléfono, internet, un móbil e que, ademais, usa o Office 365 para levar as contas e as compras ou redactar cartas e pedidos.

Dende R ofrecémosche unha serie de vantaxes, porque a todos nos gusta que teñan un detalle con nós 😉

Vantaxes

No caso de teres o Office 365 con nós, beneficiaríaste disto ao ser cliente de R:

  • Ao ter 200 megas e unha liña móbil ilimitada de 10G ou superior, regalámosche 350 megas. É dicir, aumentámosche a velocidade sen subir o custo.
  • Contas con axuda R gratis. Tes á túa disposición soporte informático e ofimático para configurar equipos ou programas.

Eixos de encaixe R

En breve irémosche contando máis novidades de encaixe R. Hoxe só che queríamos adiantar algunhas cousiñas. O que si, xunto á personalización dos servizos para empresas, negocios, comercios e profesionais, o que buscamos é:

1. Que teñas servizos que te axuden a impulsar o teu negocio. Grazas ao internet das cousas e a 3ollos R tes múltiples posibilidades ao alcance da túa man.
2. Que goces dun trato preferente. Para calquera negocio o servizo de telecomunicacións é fundamental, polo que queremos estar á altura.
3. Adaptarnos á túa mobilidade e produtividade. Con solucións como o fax IP, o multiring, a multiSIM ou o Office 365.

Dende este blog de R irémosche contando máis solucións pensadas para os negocios e empresas de R, así que atento 😉

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. aterrado di:

    non entendo moi ben o post… primeiro decides que teredes solucións a medida, para encaixar, pero o único exemplo que poñedes é que contratando office 365 temos máis velocidade da que precisamos e ademáis axudaR. non sei onde está o de adaptarse ás miñas necesidades, personalización… Porque se pensades que un autónomo o que precisa é ter máis velocidade de internet e office igual andades un pouco perdidos.

    non sei, ao mellor necesito tomar café e por iso non entendo… ou o mellor é que coma sempre para empresas estades a vender fume

    • Ola, aterrado.

      Simplemente contamos unha parte da información. Á túa disposición tes 60, 200 e 350 megas. Podes contratar un combo con ou sen liña fixa. Con ou sen chamadas ilimitadas. Temos múltiples opcións para buscar a personalización.

      O que dicimos, é que non é o mesmo ter unha cafetería que ser un autónomo, polo que seguramente o wifi que necesites non vai ser o mesmo. Nin precisas as mesmas ferramentas e utilidades. En próximas publicacións iremos contando máis detalles, pero a personalización está aí. Somos o operador máis fléxible para os clientes á hora de coller velocidade e tarifas móbiles.

      Con calquera dúbida, comentamos.

      Un saúdo!