menú

Emprendedores e minimalistas

14/11/2018
Blog R

Que para vivir ben non fai falta moito é unha frase que oímos centos de veces. E máis en Galicia.
Durante os últimos anos vivimos toda unha revolución ao redor disto. A máis coñecida foi a liderada por Marie Kondo. Esta xaponesa converteuse nun fenómeno mundial, axudando a millóns de persoas a poñer orde na súa vida, desfacéndose de todas aquelas cousas superfluas que tiñan no seu armario para quedar só co esencial.

Que é o minimalismo?

O minimalismo é un modo de vida no que o principio máis importante é: reducir as cousas á súa mínima expresión, deixando de lado o superfluo para manter o esencial.
Aplicalo significa quedar co básico e gozar de maior liberdade.

Nos últimos anos, a filosofía minimalista calou entre os emprendedores que decidiron que esta maneira de entender o día a día tamén se pode aplicar aos seus negocios.

Nas empresas o principio máis importante do minimalismo é o mesmo que o que se aplica á vida diaria: se algo é útil, consérvao. En caso contrario, é mellor eliminalo. Aplicalo non significa deixar de correr riscos ou ser pequeno. Significa buscar o equilibrio entre ingresos e clientes, tomar decisións meditadas e crecer só en áreas onde un aumento proporcione valor engadido.

10 claves minimalistas para o teu negocio

  1. Simplifica o teu negocio. Reduce calquera proceso que resulte confuso. Isto vai desde a maneira de xestionar pedidos ata a forma na que te comunicas cos teus clientes. Implantar procesos complicados e ofrecer un exceso de información convertéronse en prácticas da “vella escola”. Impúxose o simple e sinxelo
  2. Atopa a túa comunidade. Céntrate nun nicho de mercado. Canto mellor entendas aos teus clientes máis fácil será satisfacer as súas necesidades e medir a seu ROI (retorno do investimento)
  3. Céntrate no esencial. Agrupa todos os produtos e servizos que ofreces aos teus clientes. Internet democratizou o mundo da comunicación. Hoxe en día é posible chegar a un gran número de persoas cun custo mínimo. Hai moita competencia pola visibilidade, pero se fas algo que achegue valor, chegarás a quen ti queiras.
  4. Define meticulosamente o propósito de cada paso que deas. Non deixes nada ao azar e evita na medida do posible o ensaio-erro.
  5. Non teñas medo ao cambio. Se algo non funciona, déixao.
  6. Racionaliza os teus recursos. Decide que podes externalizar na túa empresa para mellorar o teu propio proceso produtivo e a relación que tes cos teus clientes.
  7. Dixitaliza a túa empresa para monitorar todos os procesos posibles. Busca datos que demostren o progreso dunha meta importante. Eses datos axudarante a saber se estás a seguir o teu obxectivo.
  8. Confía en ti mesmo. Evita comparacións. É o teu proxecto, ten o teu ritmo e as túas propias regras.
    Aproveita o minimalismo para “poñer orde” no teu espazo de traballo físico e dixital. Un espazo ordenado evita distraccións e axúdate a centrarte no teu obxectivo.
  9. Escolle calidade no canto de cantidade.

 

O minimalismo triunfa cada vez máis entre os emprendedores. Moitos comprenderon que as estruturas pequenas teñen maiores vantaxes como a flexibilidade. Son capaces de adaptarse con rapidez ás novas tendencias do sector e posúen unha operativa sinxela, fácil de modificar fronte a imprevistos ou cambios repentinos.

E ti, apúntaste? 😊

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.