menú
buyer persoa

Define ao teu cliente: buyer persoa

13/03/2017
Blog R

Unha das preocupacións máis importantes dunha empresa é entender ao seu cliente para poder chegar a el e satisfacer as súas necesidades. Antes de establecer ningunha estratexia é necesario definir a quen vai dirixida e para iso debes concretar ao teu buyer persoa.

Pero… que é un buyer persoa?

Un buyer persoa é unha representación do teu cliente final que se constrúe a partir dos seus datos demográficos, persoais, laborais e obxectivos que ten marcados.

Unha vez recompilados todos estes datos debes analizalos para obter o perfil do teu buyer persoa, en ocasións unha empresa pode ter máis dun tipo de buyer persoa.


 

Como definir ao teu buyer persoa?

Antes de definir o teu buyer persoa tes que recompilar moita información que necesitas poñer en orde e para iso o máis recomendable é que desenvolvas o teu método propio adaptándoo aos obxectivos da túa empresa combinándoo coa necesidade de coñecer as necesidades dos teus potenciais clientes.

Para recoller a información necesaria para o teu buyer persoa o método máis adecuado é a enquisa ou entrevista a clientes actuais e potenciais clientes e, a partir desta información, poderás organizar unha base de datos cos seguintes contidos:

  • Nome, apelidos e datos biográficos
  • Datos laborais
  • Necesidades e motivacións relacionadas co teu sector
  • Obxectivo que busca o cliente no teu produto ou servizo
  • Limitacións que o cliente atopa no teu produto ou servizo

Estratexia

Ao finalizar a recollida de información podes comezar a realizar a análise dos datos para segmentar os teus buyer persoas e definir as necesidades de cada un.

Cos resultados obtidos podes definir a túa estratexia de márketing e tamén a de comunicación porque toda esta información tamén che axudará á hora de definir o teu calendario editorial no teu blog, redes sociais e diferentes canles de comunicación.

É dicir, non é o mesmo que o teu cliente tipo sexa un millennial, que alguén con fillos ou ben dunha zona xeográfica concreta. A partir de aí tes que pensar nos seus intereses, en que tipo de mensaxes lles gustan e pensar sempre nel. Lembra que o que moito abarca pouco aperta, así que mellor centrar sempre o tiro .

Ata a próxima!

Imaxe de Clem Onojeghuo

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.