menú
CyberSec@GAL se clausura como referente de la ciberseguridad

CyberSec@GAL, primeiro foro galego sobre seguridade na empresa dixital, clausura como referente da ciberseguridade

22/10/2019
Blog R

Vimos de clausurar CyberSec@GAL, o primeiro foro que se celebra en Galicia sobre seguridade na empresa dixital. Atrás quedan catro intensas xornadas de obradoiros, ciber-retos e relatorios nos que participaron máis de 160 asistentes.

O encontro, impulsado pola cátedra R en Ciberseguridade e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, conta tamén coa colaboración da AMTEGA, Gradiant, Emetel, Hijos de Rivera, Abanca e o COETG, e quere converter a Galicia en referente no campo da ciberseguridade.

Se non puideches acompañarnos, non te preocupes, porque che contamos agora todos os temas que se puxeron sobre a mesa nestas xornadas.

Xornada para as empresas

O ecosistema empresarial tivo a oportunidade de coñecer, da man de expertos nacionais e internacionais, as claves para manter seguras/os empresas e negocios na contorna dixital a día de hoxe.

Pero a xornada foi máis aló. Sobre Ciberseguridade na transformación dixital versaron, nunha mesa de debate, as profesionais tecnólogas que fixeron de voceiras de empresas e entidades como Balidea, Gradiant, Abanca, Forensic & Security e Grupo Euskaltel. Estas recalcaron a importancia de dixitalizar as empresas sen esquecer atender á ciberseguridade, poñendo como exemplo a construción dunha casa sen alicerces: estamos preparados para minimizar o impacto no negocio e recuperarnos dos seus resultados ou teremos que pechar a empresa ante o primeiro ´criptovirus´ recibido por correo electrónico?.

A ciberseguridade é, en suma, un reto que deben afrontar tamén as pemes, como puxo de manifesto Eduardo Mastranza, socio executivo de Gartner, na súa charla sobre a visión actual do mercado ante o tema da ciberseguridade.

As empresas, entidades de investigación públicas e privadas e usuarios finais terán ocasión de financiar e analizar desenvolvementos precomerciais a nivel europeo. Sobre estes proxectos colaborativos de apoio á innovación en ciberseguridade da Unión Europea deu máis detalles Marina Martínez-García, Punto Nacional de Contacto para o programa de Seguridade en Horizonte-2020 (Programa Marco de Investigación e innovación da Unión Europea, dependente do Ministerio de Ciencia).

Ademais, tivemos oportunidade de coñecer a Estratexia Nacional de Seguridade da man de Mar López Gil, responsable da Unidade de Ciberseguridade e Desinformación do Departamento de Seguridade Nacional da Presidencia do Goberno, quen nos explicou como garantir o uso seguro e fiable do ciberespazo, protexendo os dereitos e as liberdades dos cidadáns e promovendo o progreso socio-económico.

IoT e sistemas operativos

Durante as 3 xornadas iniciais de CyberSec@GAL realizáronse obradoiros, lanzouse un ’ciber-reto’ e ofrecéronse relatorios para falar de solucións, normativas, desafíos e ameazas inherentes á seguridade na contorna dixital.

Os obradoiros xiraron arredor da introdución á auditoría dos dispositivos IoT/IIoT mediante Shodan e á análise de vulnerabilidades en contornas Windows e Linux. No primeiro obradoiro profundouse na internet das Cousas, tanto na súa variante doméstica (IoT) como industrial (IIoT), mentres que no segundo efectuouse un test de intrusión, dende os primeiros pasos de estudo e enumeración, ata a explotación e toma de control de equipos dos devanditos sistemas operativos para detallar esas potenciais vulnerabilidades.

O ‘ciber-reto’

Propúxose, ademais, o reto de Ciberseguridade de Gradiant e Hijos de Rivera, desafíos que propuxeron desenvolver destrezas para resolver problemas relacionados coa criptografía, a análise forense, o networking ou o reversing. A AMTEGA e outras sedes das Universidades foron os espazos, conectados por videoconferencia, onde se puxeron en marcha estes obradoiros e se expuso o ‘ciber-reto’.

Premios

Durante a xornada de peche entregáronse, así mesmo, os Premios ao Reto, á mellor Tese, aos mellores Traballos Fin de Grao, ao mellor Traballo Fin de Máster e tres accésits dos Traballos Fin de Grao.

Podes consultar aquí todos os premiados e o programa completo que se desenvolveu estes días nas xornadas de CyberSec@GAL.

Cátedra R en Ciberseguridade

A cátedra R en Ciberseguridade, desenvolvida en colaboración coas universidades de Vigo e da Coruña e financiada pola Fundación Euskaltel Konekta, é a primeira cátedra interuniversitaria en Galicia. Persegue promover o desenvolvemento de competencias profesionais do alumnado universitario e mellorar a capacitación dos membros da comunidade universitaria. A idea é adaptar todo ese potencial de coñecemento e preparación ás necesidades da empresa fomentando, en paralelo, a formación continua, a innovación e a investigación na área da Ciberseguridade.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Rosa di:

    R es un timo para sus clientes, llevan días con problemas en la Red que no subsanan