menú

Cursos que non debes perder no 2019

27/12/2018
Blog R

Hoxe ímosche falar dalgúns cursos que non che debes perder no 2019 se queres estar á última á hora de desenvolver a túa actividade profesional.

Xestión de proxectos

Co novo ano chegarán novos retos e proxectos, así que non debes descoidar a súa xestión. Seguramente xa realizaches varias formacións sobre este tema, pero non está de máis que fagas un repaso. Coursera ofréceche un módulo de formación gratuíto para aplicar na xestión e liderado dun proxecto.

Inglés

Os idiomas sempre son a materia pendente, sobre todo o inglés, así que retoma as clases que deixaches apartadas hai uns meses .

Existen moitas plataformas online que promoven a aprendizaxe do inglés, pero se queres aprender nunha das plataformas máis usadas en todo o mundo, visita a academia Barcelonesa ABA English.

Emprega un método eficaz, a través de curtametraxes de produción propia, para aprender inglés.

Excel

Os arquivos Excel sempre se che resisten? Pois é o momento de empezar a controlalos. Non fai falta que che convertas nun analista, pero si necesitas saber manexar os datos neste tipo de arquivos.

MOOC, unha das plataformas de formación online gratuíta máis famosa, ofréceche un curso de Fundamentos de Excel para negocios.

Comunicación

Unha boa comunicación é a base de calquera empresa ou negocio e dos seus intercambios comerciais. Por este motivo debes estar ao día neste ámbito que cambia tanto diariamente. Miriadax ofréceche un curso de Comunicación Efectiva para o teu negocio.

Redes sociais

O mundo das redes sociais cambia minuto a minuto e, aínda que seguramente coñeces os fundamentos básicos destas canles de comunicación, non debes esquecer o seu aspecto publicitario para poder chegar a máis clientes potenciais. O IEBS promove un curso de Campañas de Social Ads no que che ensina a deseñar as túas campañas publicitarias en diferentes redes sociais.

E ti, que formación vas iniciar ou a retomar no 2019?

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!

imaxe de unsplash.com/@ratushny

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.