
Coworking: a túa oficina nun espazo colaborativo
Se es autónomo ou estás a empezar a construír a túa propia empresa, traballar nun espazo compartido pode ser unha boa opción para ti. Esta modalidade chamada coworking permíteche desenvolver a túa empresa de maneira independente e ter a túa propia oficina sen asumir altos custos.
Vantaxes
Pero o coworking non só se reduce a aforrar, ata podes chegar a facer novas alianzas profesionais e atopar oportunidades de negocio.
Aquí che deixamos sete vantaxes que che animarán a facerte cunha mesa nun espazo coworking:
- Que o teu lugar de traballo estea diferenciado do teu fogar axuda a empezar a xornada con forza lonxe das distraccións que poidas ter na casa. Ademais, fomenta a disciplina e axuda a establecer horarios.
- Podes recibir aos teus clientes nunha contorna profesional.
- Estar rodeado doutras persoas que proveñen de sectores diferentes ao teu, achega valor. Tamén che pode axudar a compartir ideas e recibir opinións con diferentes puntos de vista.
- Está claro que compartir espazo con outras persoas mellora a teu networking. Os teus propios compañeiros poden ser contactos profesionais, dando lugar a sinerxías positivas. Poida que vos presentedes de forma conxunta a novos proxectos que esixan multidisciplinariedade.
- Podes adaptar o peto ás túas necesidades. Os espazos de coworking adoitan ofrecer distintos bonos e paquetes segundo o total de horas e salas que utilices.
- Ao haber diferentes tipos de empresas de coworking, contas con moitas opcións á hora de elixir. Desta maneira podes escoller á perfección o lugar que mellor se adapte a ti. Lugares luminosos, preto de casa, con luz natural, con amplas salas… Ti decides.
- O coworking tamén achega formación e aprendizaxe. A maioría dos espazos facilitan o acceso a eventos e cursos. Podes aprender ou estrearte como docente impartindo os teus propios obradoiros.
Convocatorias
A Xunta de Galicia en colaboración coa Escola de Organización Industrial presenta ao longo do ano varias convocatorias para acceder a espazos coworking por diferentes lugares de Galicia.
O vindeiro mes de setembro a convocatoria será en Pontevedra e estará dirixida a emprendedores cun proxecto empresarial en fase temperá de desenvolvemento e cunha empresa creada non máis de 6 meses antes da súa incorporación ao espazo coworking.
Espazos coworking en Galicia
Hoxe en día xa hai máis de 900 espazos coworking en toda España e en Galicia existen máis de 85 espazos públicos e privados nos que podes establecer a túa oficina. Como non podemos enumeralos todos podes pinchar no nome de cada provincia para ver os que hai en cada unha delas:
- Espazos coworking na Coruña.
- Espazos coworking en Lugo.
- Espazo coworking en Ourense.
- Espazos coworking en Pontevedra.
Entre todos os espazos coworking de Galicia hai que destacar o situado na Cidade da Cultura. Foi fundado no 2012 e o seu obxectivo sempre foi acompañar a emprendedores e a novas empresas na súa aventura profesional. Por iso, poñen a disposición de todos os integrantes un programa para dinamizar e consolidar as súas iniciativas empresariais.
Se aínda non tes claro onde situar a túa oficina, non o dubides. Un espazo de coworking pode ser unha boa alternativa á hora de aforrar custos e crear novas oportunidades de negocio.
Ata a próxima!
Imaxe de Annie Spratt.
5 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
Muchas gracias por incluir a http://www.WeKCo.net en vuestra referencia a los espacios Gallegos. Lo cierto es que junto con Espacio Nido (Vigo) fuimos los primeros de nuestra comunidad y ya llevamos 4 años formando parte del ecosistema emprendedor y freelance gallego.
Hola, Juan Diego.
Ha sido un placer. Enhorabuena por vuestro trabajo 🙂
Un saludo.
Una pena que no mencionaseis a Coworking Vigo, tambien somos clientes vuestros…
Hola, Maite.
Disculpa que no os hayamos mencionado. No era nuestra intención ofenderos, ni mucho menos. De hecho, ya hemos ampliado la información en el post, para incluiros 😉
La verdad es que era complicado poner en un post todas las opciones disponibles para los emprendedores, así que escogimos tres modelo de coworking, en tres ciudades diferentes. El criterio, lógicamente, no es que fueran o no clientes nuestros, pero está claro que un entorno con internet de R es mucho más productivo e interesante para los emprendedores así que, como digo, ya está completado en el post 🙂
Un saludo y gracias por escribir.
A la cola de Maite, también deciros que es cliente vuestro La Estación Coworking en Maria Berdiales 39