menú

O meu xefe é un chaíñas

06/02/2017
Blog R

Se es xefe pode que o título deste post che resulte familiar. Ser bo xefe non é sinxelo. Motivar o teu equipo ou facer que sentan parte da empresa consegue maior compromiso, menos absentismo e maior satisfacción.

O clima laboral afecta á produtividade da túa empresa. Se aínda non o fixeches, é necesario que o avalíes  e tomes as accións necesarias para melloralo.

Como saber se o clima laboral da túa empresa é bo?

Unha entrevista ou unha enquisa entre os traballadores poden ser dúas boas ferramentas para medir o clima laboral. Independentemente da que decidas utilizar, debes ter claro que:

  • Debe ser absolutamente confidencial. Pola contra é posible que os teus empregados non participen ou mintan.
  • É necesario que sexas directo e determines con claridade que é o que queres saber.
  • É importante que informes claramente das datas nas que se realizarán as enquisas ou as entrevistas.
  • Debes comunicar os resultados da enquisa e tomar accións para tratar de mellorar a situación, se é necesario.

 

Como conseguir mellorar o clima laboral da túa empresa?

Hai tantos factores que axudan a mellorar o clima laboral que non caberían nun único post. Aquí van os tres que consideramos máis importantes.

Empodera aos teus traballadores

Impulsa a súa participación na toma de decisións e ten en conta a súa opinión para mellorar a súa confianza.

Cando haxa que tomar unha decisión, pregunta, escoita activamente e delega tarefas. Se delegas as tarefas idóneas segundo as habilidades e formación de cada persoa, gañarás empregados autónomos, comprometidos e novos aliados na toma de decisións.

É moi importante que as tarefas que delegues sexan sempre as adecuadas a cada traballador, se non frustarase.

Recoñece o esforzo dos teus traballadores

Sentirse valorado é fundamental para que os teus empregados se sentan cómodos. Por iso, é importante que recoñezas o seu esforzo e dedicación día a día, publicamente ou cun incentivo.

Fomenta a igualdade e trata a todos os teus traballadores da mesma forma

Avoga sempre por dar aos teus empregados o mesmo trato. A conciliación ou a flexibilidade debe afectar a todos da mesma maneira. En caso contrario o clima laboral empeorará e deixarán de sentirse cómodos.

 

Que vantaxes ten un bo clima laboral?

Cando o clima laboral da túa empresa é bo, increméntase a produtividade de forma natural e mellora a relación de confianza entre traballadores e a empresa. Pero sobre todo, diminúe o nivel de tensión dos traballadores.

Da mesma maneira que un mal clima laboral se retroalimenta ata converterse en algo asfixiante, un bo clima laboral mantén aos teus traballadores motivados e atrae novo talento.

 

Xestionar o clima laboral da túa empresa é importante para a túa empresa. Realiza as enquisas e entrevistas que necesites para coñecer como senten os teus empregados respecto do seu lugar de traballo, seguro que levas unha sorpresa.

 

imaxe: unsplash

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

3 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. jose prieto di:

    y que significa chaiñas, porque en el diccionario de la real academia galega no viene ese término

  2. Si sabemos cómo llevar a cabo una entrevista laboral,
    tendremos éxito en los procesos de selección. Muchas gracias al
    autor por esta información es muy útil.