menú
Construye_tu_futuro

Charlas TED: Constrúe o teu futuro

21/06/2019
Blog R

Constrúe o teu futuro é o tema da charla TED sobre a que falamos nesta ocasión, con este tema retomamos a serie de posts sobre charlas motivacionais protagonizadas por profesionais de distintos sectores.

Nesta ocasión o actor Alex O’ Dogherty conta a súa experiencia á hora de perseguir os seus soños desde que era un neno ata que se converteu en actor. Alex tamén nos descobre o concepto de autoxestión que lle axudou a construír o seu futuro.

A experiencia de Alex O’Dogherty

O actor non nos asegura que consigamos os nosos soños se loitamos por eles, pero quedarse na casa tampouco é unha opción porque así non aprenderemos nada.

El recomenda facer todo o que está na túa man alcanzar os teus soños, desta forma, descubrirás novas cousas e novas persoas que te axudan no teu desenvolvemento persoal e a ampliar o teu coñecemento.

O’Dogherty ten claro que non podemos deixar de ir a por os nosos soños, xa que durante o camiño de procura podemos coñecer cousas sorprendentes. E o máis importante que te vas a atopar nesta aventura é a ti mesmo, descubrir cousas sobre ti que nunca imaxinaches e que descoñecías.

Autoxestión

Para comezar a aplicar o concepto da autoxestión é necesario preguntarse a un mesmo, que me gustaría facer? ou que é o que se me dá ben?

Unha vez definido o teu obxectivo ou tarefa empeza a traballar, pero prepárate para recibir as críticas das persoas que che dirán que é imposible o que vas facer. Xa se sabe que a xente é capaz de opinar sobre os demais, pero non de xulgarse a un mesmo .

A regra de ouro da autoxestión é que nunca te deixes vencer pola primeira negativa que recibas mentres estás a desenvolver os teus soños. Tampouco te deixes vencer pola segunda nin pola terceira, nalgún momento chegará un “si”. Poida que ese “si” non estea relacionado co cumprimento do teu soño, pero seguro que aprendiches moito sobre ti mesmo e do que es capaz.

Sigue os teus soños

Así que, xa sabes segue os teus soños para mellorar o teu futuro, pero se non os alcanzas, non te preocupes porque descubrirás novos soños que che farán igual ou máis feliz. E o máis importante, construirás algo creado por ti mesmo.

Esperamos que este post faga que te reformules algúns deses soños que tes gardados nese recuncho da túa mente e os volvas a retomar.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!

Imaxe de @ty_dudley

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.