menú
Business Angels

Business Angels: vantaxes para emprendedores e investidores

31/03/2016
Blog R

O mundo está cheo de ideas orfas en busca dun padriño que as axude a escalar o alto muro do financiamento. Retórica aparte, esta figura existe e chámase Business Angels: actores capaces de investir o seu tempo e esforzo para que as ideas máis brillantes consigan despegar.

 

Quen son?

Os Business Angels son investidores que buscan pegarlle un empuxón a empresas novas ou seed (empresas en plena fase de desenvolvemento)

Na maior parte dos casos, estes padriños son directivos á caza de ideas que os apaixonen co obxectivo de trasladarlles capital, contactos e Know-How (coñecementos e forma de traballar)

 

Que achegan e esperan da miña empresa?

Os Business Angels adoitan achegar cantidades moderadas de capital. Calcúlase que adoitan investir unha media de 50.000 €, aínda que algunhas redes contan con persoas capaces de achegar ata 200.000 €.

É importante que teñas claro que un investidor non é un filántropo. Senón que é un profesional que busca rendibilizar o capital achegado. Ben a través dunha participación accionarial na túa empresa ou ben acordando unha alta porcentaxe de retorno. Por exemplo, debido ao alto risco que supón, algúns esixen un retorno a longo prazo superior ao 20% do investido.

 

Onde podo atopalos?

Rede Galega de Business Angels é o principal agrupador de catalizadores de investidores de Galicia. Pero non son os únicos. Tamén existen redes como Redinvest Bang. A nivel nacional o grupo máis forte que existe é Aeban.

 

Como me presento?

Se xa atopaches ao teu Business Angel e queres presentar o teu proxecto, prepárate con algunha destas técnicas:

 

  1. Elevator Pitch (fai unha presentación rápida)

É importante comunicar o proxecto en poucas palabras. Comezamos por definir o problema e ofrecemos como solución a oportunidade que detectamos. A función do discurso é comunicar en poucas palabras a nosa idea de negocio. Sé  creativo, practica e consigue unha reunión.

Se queres saber máis, bótalle un ollo a esta guia que elaboramos hai un tempo con algúns consellos para traballar o teu elevator pitch.

 

  1. Resumo Executivo

Resume o teu proxecto nun máximo de 3 páxinas. Enumera os puntos fundamentais facendo fincapé nas ideas diferenciais. Define canto necesitas para levalo a cabo e como farás que iso se transforme en beneficio. Se o investidor está interesado, volverá a contactar contigo.

 

  1. Presentación

Conseguiches unha nova reunión? Parabéns. Non te durmas nos loureiros e prepara unha boa presentación. Non pases a media hora e expón nela todo o teu plan de negocio. Faino de maneira clara, concisa e convincente. Non te perdas nos datos ou no exceso de explicacións.

30 minutos é máis que suficiente para explicar a un investidor que vas facer. Se queres falar máis dalgún tema, déixao para outro momento ou fai unha presentación máis concisa para que sexa o investidor o que realice preguntas sobre os puntos que lle chamaron a atención.

 

  1. Plan de negocio

O plan de negocio é o teu proxecto. É o detalle de todo o que queres facer. É case imposible defender un proxecto ante un investidor se non se ten claro o que, o cando, o como, o onde, o por que, o quen e o canto.

 

Transformar as túas ideas nun negocio rendible non é sinxelo, chegando a ser, ás veces, ata frustrante. O importante é que non decaias. Prepárate e busca Business Angels que poidan encaixar no teu modelo de negocio. Se o plan é viable, é só cuestión de tempo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.