menú
atencion al cliente

Boas prácticas de atención ao cliente

04/02/2019
Blog R

O cliente é a figura sobre o que se centran todas as decisións da túa empresa ou negocio. Así que tes que coidalo moito .

Seguramente tes claro todo o que debes facer para manter os teus clientes, pero imos reforzar eses coñecementos cunha serie de boas prácticas de atención ao cliente.

Cara a cara

Antes da chegada da internet e das redes sociais, tocábache tratar co cliente sempre cara a cara.

Se na maior parte das ocasións o trato cos teus clientes é persoal, debes ter en conta as seguintes premisas:

  1. Debes ser rápido na atención. Debes detectar cando o teu cliente necesita axuda, iso si, non te pases de pesado .
  2. Escoita con atención o cliente, non o interrompas mentres se está explicando. E ti, debes expresarte coa máxima claridade posible.
  3. Fai as preguntas que sexan necesarias para coñecer as necesidades do cliente, pero ten coidado para non meter o zoco.
  4. Ata que remates de atender a ese cliente, aínda que non realizase ningunha compra, non te distraias realizando outra tarefa ou atendendo a outro cliente.

Vía telefónica

Se formas parte desas empresas que atendedes aos vosos clientes por teléfono, debes ter en conta o seguinte:

  1. Mantén sempre o sorriso telefónico. Debes transmitir a través da túa voz a túa predisposición e amabilidade cara a ese cliente.
  2. E do mesmo xeito que en persoa, escoita con atención o cliente e realiza as preguntas que consideres necesarias para saber o que necesita.
  3. Pregúntalle o nome ao cliente para dirixirte a el dunha forma próxima, xa que por teléfono todo parece máis frío e distante.
  4. Diríxete ao cliente no mesmo idioma no que el che fale, na medida que che sexa posible. El agradeceracho. Un exemplo desta práctica son os clientes de R que solicitan falar cos compañeiros de atención ao cliente en galego e que están encantados , así nolo fixeron saber.

Redes sociais

Neste mundo dominado polas redes sociais, a atención ao cliente tampouco se escapa a esta tendencia. Hoxe en día a maioría das empresas contan con diferentes canles de comunicación en redes sociais. Se ti estás a pensar en comunicarte a través de Facebook, Twitter ou Instagram cos teus clientes:

  1. Localiza en que redes sociais falan da túa empresa, negocio ou produtos os teus clientes.
  2. Responde a todos os comentarios dos teus clientes actuais ou potenciais, aínda que sexan comentarios negativos.
  3. Non tardes en contestar os comentarios e mensaxes privadas. Para axilizar as respostas podes preparar uns persoais para temas diferentes.
  4. Interactúa con eles. Aínda que directamente non che consultaran nada, difunde os contidos que publiquen ou coméntaos. É unha boa forma de gañarse a súa confianza.

Ante as queixas dun cliente…

…nunca caias no erro de utilizar un ton brusco ou negativo, por moi enfadado que estea o cliente ou por moito que che falte ao respecto. Asume o erro, se é que se cometeu, e pide desculpas cun ton positivo e amable. E se o cliente non atende a razóns e está nunha actitude maleducada, tes todo o dereito do mundo para pedirlle que se tranquilice e que cando o faga volvedes retomar a conversación.

Cando un cliente presente a súa queixa debes explicarlle da forma máis transparente posible que é o que sucedeu por parte da túa empresa e se lle corresponde a esta cargar coa culpa. Se é así, debes pedir desculpas e tentar emendar o erro dalgunha maneira.

No caso de que as queixas dun cliente non teñan nada que ver con ningunha acción da túa empresa ou negocio, debes explicarllo detalladamente. E para que quede cunha mellor imaxe da empresa, podes recompensalo dalgunha maneira.

E agora é o momento de poñer en práctica todas estas premisas, ao choio!

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!

imaxe de unsplash.com/@lamarqfoto

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.