menú
brand marketing

Brand marketing: impulsa o teu factor de marca

07/03/2017
Blog R

O brand marketing é a forma de facer marketing orientado á marca dun produto ou servizo. En lugar de destacar as características dalgúns produtos ou servizos as empresas buscan diferenciar os atributos das súas marcas fronte ás da competencia.
 
Empregando unha estratexia de brand marketing conseguirase que o recordo da marca se manteña na mente dos clientes máis aló de adquirir un produto ou utilizar un servizo.

 

Obxectivos do brand marketing

  • Transmitir os valores de marca
  • Aumentar o compromiso dos clientes coa marca
  • Mellorar a credibilidade que os clientes teñen sobre a marca
  • Alcanzar potenciais clientes

Como se leva a cabo o brand marketing?

  • Definición da marca: deseño do nome da marca, logotipo e cores. Estes aspectos teñen que ser estudados detalladamente para transmitir os valores definidos no momento da súa creación. Á hora de poñernos ao choio tes que pensar ben no nome da túa marca, que vai querer transmitir o que ti queiras que transmita e o mesmo coas cores que escollas, porque todo significa algo. Existen axencias de publicidade especializadas en realizar esta tarefa pero se non queres gastar moitos cartos podes contratar un deseñador freelance que che vai a aconsellar adecuadamente segundo o que ti queiras transmitir.
  • Definición dos atributos de marca: é dicir definir os valores, as vantaxes e as características que a diferenciarán no mercado. Trátase de elementos intanxibles que farán que se identifique á marca e se se diferencie da competencia. Unha vez definido o nome e o logo tes que buscar adxectivos para definir a túa marca, unha axencia publicitaria pode axudarte nesta tarefa, pero ti tamén podes facelo seguindo os arquetipos de Carl Gustav Jung que te axudan a definir a personalidade da túa marca.
  • Definición do público obxectivo: é necesario coñecer as súas necesidades e que produtos ou servizos necesita. Unha vez definido o público hai que enviarlles a mensaxe adecuada sobre a marca. Aquí tes que definir a quen queres vender a túa marca ou servizo e xa aproveitando tamén a quen lle queres vender nun futuro, é dicir, os teus clientes potenciais. Para iso o mellor é que fagas un estudo de mercado para ver as necesidades que teñen.

Tendencias no brand marketing

Todo plan de negocio dunha empresa debe incluír unha estratexia de brand marketing para estar presente ao longo do tempo e diferenciarse da competencia. Hai uns días presentouse en Madrid a sexta edición do Observatorio de Branding e da que se pode obter algunhas conclusións que marcarán este ano o márketing de marca.

  • As relacións co cliente empezan antes de realizar unha venda e hai que conectar con el nivel racional e emocional ao mesmo tempo.
  • Hai que establecer unha conexión emocional positiva para que así a marca ou servizo sexa desexado.
  • Hai que escoitar máis ao usuario para poder atendelo da mellor maneira e cumprir as súas expectativas.

Ata a próxima!
Imaxe de Igor Miske

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.