menú
axudas dixitalizacion

Axudas e formación para a dixitalización das pemes

12/01/2018
Blog R

A comezos de ano a Xunta anunciou catro convocatorias para fomentar a dixitalización de 100 pemes galegas, nas que terán prioridade as iniciativas colectivas formadas por grupos de empresas.

Ademais, promoverá a formación en tecnoloxías, procesos e metodoloxías da Industria 4.0 entre os traballadores das pemes. Estas convocatorias foron publicadas no DOG do 28 de decembro de 2017. Enmárcanse dentro da Axenda de Competitividade Industrial, Galicia: Industria 4.0. e conta co financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

O obxectivo destas axudas é potenciar a posta en marcha de sistemas informáticos que ofrezan valor ás empresas: tanto proxectos colectivos de soporte a procesos sectoriais multiempresa como proxectos individuais de intelixencia artificial e de conectividade inter e intraempresarial.

Prazo

O prazo para a presentación das solicitudes para a formación remata o 31 de xaneiro de 2018 e para solicitar axudas aos investimentos o prazo remata o 28 de febreiro. De todos os xeitos, haberá catro convocatorias ao longo de todo o ano.

As axudas están dirixidas a grupos de empresas que están inmersos nun proxecto colectivo relacionado con robótica, big data, internet das cousas ou ciberseguridade, entre outros.

Na actualidade xa hai 70 empresas en Galicia que se beneficiaron deste tipo de axudas que a Xunta lanzou anteriormente e nas que investiu máis de 15 millóns de euros. Nesta nova remesa de axudas a Xunta investirá máis de 10 millóns de euros.

Formación

A formación estará dirixida a traballadores e mandos intermedios das empresas co obxectivo de capacitalos no emprego de ferramentas de intelixencia empresarial, vixilancia tecnolóxica, deseño de produtos, creación de novos modelos de negocio e eficiencia enerxética.

Das axudas de formación poderanse beneficiar clústeres ou centros tecnolóxicos, que promovan programas formativos dirixidos a profesionais das pemes.

Se queres que a túa empresa ou empregados poida desfrutar destas axudas, bule! E accede ao DOG para consultar toda a documentación que tes que enviar.

Red.es

Pola súa banda, Red.es tamén sacou unha convocatoria para a dixitalización das pemes españolas. Daranse axudas de ata 5.000 euros por empresa buscando incorporar as TIC na xestión do negocio, na relación con terceiros, o comercio electrónico e a dixitalización de servizos e solucións.

Podes tramitar a túa petición dende a súa páxina web.

Ata a próxima!

Imaxe de William Even

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.