
As empresas do rural galego poden solicitar axudas para desfrutar da rede de banda larga ultrarrápida
Os autónomos e empresas do rural galego poderán solicitar axudas para a desfrutar da rede de banda larga ultrarrápida nas súas instalacións. Así o publicou o DOGA hai unhas semanas.
Esta iniciativa enmárcase dentro do Plan de Banda Larga 2020 que puxo en marcha a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) para a cobertura de redes de banda larga ultrarrápida en Galicia.
O pasado ano a AMTEGA lanzou unha primeira subvención de 500.000 euros e, desta volta, destinará 600.000 euros para que as empresas situadas no rural galego poidan desfrutar das vantaxes de internet de alta velocidade. Cada empresa poderase beneficiar de 20.000 euros como máximo.
Requisitos e prazo
As empresas que queiran optar a estas axudas teñen que solicitalas de xeito individual ou colectivo antes do 31 de xaneiro de 2019.
Os dous principais requisitos que deben cumprir:
- Non dispoñer actualmente da posibilidade de acceso a redes de internet de polo menos 30MB.
- Manter a alta no servizo contratado durante un ano, como mínimo.
De cada solicitude que se achegue valorarase a mellora que supón o servizo de banda larga ultrarrápida e o esforzo inversor previsto en cada unha das organizacións.
Financiación
Esta subvención cofináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR). E segue unha das premisas principais establecidas na Axenda Dixital para Europa: garantir unha conexión de internet de polo menos 30MB na maioría da poboación.
Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.
Ata a próxima!
Imaxe de unsplash.com/@anniespratt
4 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
E no caso de particulares que non teñen nin 1MB no seu domicilio… Hai posibilidade algunha de solicitude? Grazas.
Ola, Davis.
Polo de agora, esta inciativa éstá aprobada só para empresas.
En R estamos extendendo, e xa conectando, a nosa rede en municipios que ata o momento non dispuñan de acceso a alta velocidade. Así daremos servizo non só ás empresas, senón tamén a vivendas particulares. É o caso de Muros, Monterroso, Abegondo, Cerceda, Cuntis, Lourenzá, Barreiros ou Palas de Rei, entre outros.
Gran parte deste despregamento é grazas a varios proxectos a través do Programa de Extensión de la Banda Ancha de Nueva Generación (PEBA-Plan Avanza) do Ministerio de Economía e Empresa do que somos adxudicatarios.
Un saúdo.
Bos días, somos unha empresa que levamos a nosa actividade no rural, exactamente no Concello de Soutomaior, Pontevedra.
Estaríamos interesados en acollernos a esta subvención se finalmente se convoca para este ano!
Cumplimos os requisitos de non ter acceso a redes de internet de polo menos 30 MB. e manteriamos de alta o servizo máis dun ano.
Queriamos ter un pouco máis de información a este respecto, xa que nos é de vital importancia para o futuro da nosa entidade.
Grazas de antemán, reciba un cordial saúdo,
Ola, Lidia.
Ten en conta que esta publicación é de finais de 2018 e que a solicitude era ata o 31 de xaneiro de 2019.
Estaremos pendentes para informar no blog de calquera novidade, pero nesta ligazón tes máis información sobre o Plan de Banda Ancha da Xunta de Galicia: http://i.r.gal/3ss
E aquí da convocatoria de xuño de 2019: https://amtega.xunta.gal/axudas-para-empresas-illadas
Un saúdo.