menú
vantaxes-linkedin

Aproveita todas as vantaxes de Linkedin

10/04/2019
Blog R

Hoxe en día se non estás en Linkedin non existes. Esta rede social ofréceche moitas vantaxes, estás seguro de que as estás a aproveitar ao máximo?

Recrutamento

A finalidade primordial desta rede social é o recrutamento de novos perfís laborais. Esta plataforma axúdache a buscar novos retos profesionais. Para iso debes ter un perfil vistoso e que atraia aos reclutadores. Consello: na sección de extracto resume de forma detallada e concisa as túas experiencias e logros laborais.

Se estás en procura de emprego, utiliza a ferramenta Linkedin Job Search para localizar as oportunidades que se publican. Ademais, poderás filtrar por sector, empresa ou función e poderás recibir no teu perfil alertas de diferentes ofertas, sempre coa maior privacidade posible.

E se o que necesitas son novos talentos para a túa empresa ou negocio, tamén podes empregar esta rede social, onde poderás atopar un amplo abanico de perfís profesionais.

Formación

Se buscas estar sempre actualizado na túa profesión, podes botar man de Linkedin Learning. Trátase dunha ferramenta na que poderás atopar diferentes cursos para mellorar as túas habilidades e as tendencias que marcan a formación nos diferentes sectores profesionais. Tamén poderás subir a esta plataforma os cursos elaborados por ti mesmo para transmitir coñecementos a outros profesionais. Esta é unha maneira de que se recoñeza o teu traballo e capacidades.

Networking

Grazas a Linkedin poderás facer novos contactos comerciais, localizar clientes potenciais e fidelizar os que xa tes. E tamén poderás localizar á túa competencia e ver como se desenvolve no sector.

Unha vez localizados os novos contactos na rede social debes ser cauto, é dicir, non angustialos con información sobre ti ou sobre o teu negocio. Envíalles a túa solicitude de contacto e unha mensaxe de presentación, e logo que sexan eles os que decidan se confían en ti e nos teus produtos. Para conseguir esta confianza debes ter actualizada toda a información do teu perfil e publicar contido actual e interesante para o teu público e as opinións dos teus clientes e provedores.

Reputación

Para mellorar a túa reputación, Linkedin é unha ferramenta ideal. As recomendacións que realizan os usuarios nesta rede social demostran os teus coñecementos e competencias. Está claro que moitas das recomendacións serán de amigos e de compañeiros de traballo, e non serán moi obxectivas . Pero se consegues telas doutros reputados profesionais, a túa valía profesional subirá como a escuma e a túa rede de contactos aumentará.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima

imaxe de rawpixel.com

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.