menú

Pechamos un acordo con VMware para blindar os centros de datos dos nosos clientes

29/05/2019
Blog R

Dende R seguimos traballando para ofrecer os mellores produtos e servizos e consolidármonos como o principal aliado para empresas, institucións e particulares no momento de abordar novos retos tecnolóxicos.

Acordo con VMware

Firmamos un acordo con VMware polo cal ofreceremos os nosos clientes servizos na nube baseados na tecnoloxía máis punteira da compañía norteamericana líder en tecnoloxías cloud.

Desta forma, en R aproximámonos ao “risco cero” previndo potenciais perdas de información e blindamos os centros de datos dos nosos clientes do segmento empresarial, incluídas grandes corporacións e administracións públicas, garantindo a continuidade da súa operativa habitual. Adicionalmente, este sistema dálle resposta á lexislación sobre protección dos datos que empresas e institucións almacenan e xestionan no seu día a día.

Perseguimos o “risco cero” en posibles perdas de información para empresas e institucións públicas a través de solucións avaladas polo Esquema Nacional de Seguridade que cumpren coa normativa sobre protección de datos.

Garantías nos sistemas TI

Coa súa solución de continuidade de negocio, os clientes do operador teñen a garantía de que os seus sistemas TI están apoiados con seguridade en datacenters de R e sempre dispoñibles para ser accesibles cando máis o necesitan, a pesar de continxencias de diversa tipoloxía: meteoroloxía adversa, incendios, fallos tecnolóxicos ou sabotaxes.

A tecnoloxía de virtualización de VMware permítenos ofrecer unha solución de copia de seguridade e aseguranza dos centros de datos dos nosos clientes manténdoos sempre dispoñibles ante calquera tipo de incidencias.

Datacenter

Incluímos nesta solución un datacenter virtual, consistente nunha nube privada con todos os servizos de cómputo, rede, seguridade e almacenamento necesarios para que cada empresa poida conformar os seus sistemas de tecnoloxías da información. Trátase por suposto dun datacenter ou centro de procesamento de datos definido por software. A solución proporciona ademais a conectividade nativa da nube coas redes dos clientes sen limitacións de ancho de banda, completamente aseguradas, e acceso a Internet de 1 GB simétrico con redundancia.

Ofrecemos, así mesmo, datacenters próximos distribuídos en diversas localizacións que permiten unha solución coas garantías do aval do Esquema Nacional de Seguridade (ENS).

Completa integración e xestión

Ademais, os servizos que se definiron sobre a tecnoloxía líder de virtualización de VMware permiten a integración e a xestión completa da solución xunto coa propia do cliente (garantindo así a consistencia das operacións e a compatibilidade de infraestruturas), o seu mantemento, e todo baixo un modelo de custos previsible, entre outras prestacións.

Talavera, que lidera VMware en Iberia desde hai máis de 7 anos, coméntanos: “O Grupo Euskaltel e a posta en produción do Disaster Recovery como servizo baseado en tecnoloxía de VMware, forma parte do programa exclusivo para Cloud Providers que a nosa compañía ofrece desde hai anos como o máis punteiro do mercado. Consiste nun modelo puro de OPex ou pago por uso que se adapta perfectamente á realidade da nova era de IT”.

Dende R reafírmamonos na aposta por un servizo de calidade e que xere valor para o usuario, xuntando na súa oferta os mellores produtos e servizos, con base na escoita activa das necesidades dos nosos clientes.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.