menú
3ollosR

3ollos R: o teu negocio baixo control

07/08/2017
Blog R

3ollos R é o novo servizo de R que te informa de todo o que sucede no teu negocio. Trátase dun servizo personalizable, xa que podes seleccionar o tipo de información e avisos que queres recibir.

Por exemplo, podes ter notificacións en tempo real cando o servizo detecte movemento, cando se abra unha porta, se acenda unha luz, cando alguén pase diante do teu escaparate ou cando se entra nunha estancia da túa oficina. Ou podes tamén coñecer as condicións ambientais da túa oficina para saber se é necesario acender ou apagar a calefacción, esteas onde esteas. Estes son só algúns dos avisos e posibilidades que ti podes escoller. E, como dicimos, terás toda a información ao momento, no teu móbil, antes de que te leves un desgusto .

Todo en orde no teu negocio

Para que quedes máis tranquilo cando pechas o teu negocio, 3ollos R avísate se hai algún movemento inesperado. Un sensor na porta de entrada avísate se se abriu e unha cámara HD móstrache os movementos que se detecten. Para maior tranquilidade, un detector de fume e outro de auga avísante se se detecta algunha fuga de líquidos ou hai presenza de lume. Antes de que a cousa vaia a máis, ti saberalo.

 

 

 


 

Aforro

Ademais dos avisos, 3ollos R tamén che bota unha man para aforrar no teu consumo enerxético. Podes configurar o servizo para que os equipos que se atopen en stand by se apaguen automaticamente. E se os chumbos están a piques de saltar, avísante antes de que o fagan.

Pero o mellor de todo é que 3ollos R se pode configurar e controlar dende o teu móbil. Así que te vas decatar de todo o que ocorre no teu negocio dende calquera lugar.

Control de todo

Pasouche algunha vez que estás tranquilamente na túa casa e lembras e que che deixaches algún equipo ou luz acendido na oficina! Non te preocupes, non fai falla que esteas intranquilo toda a noite nin que vaias apagalo nese momento. 3ollos R permíteche facelo desde o móbil. Así evitarás gastos innecesarios de enerxía.

Chegou o momento de marchar de vacacións e un substituto queda á fronte do teu negocio, non te preocupes! Con 3ollos R saberás a que hora comeza e finaliza a actividade laboral e se ocorre algún incidente.

Toda a información

3ollos R tamén che axuda a aforrar uns cartiños nas facturas de luz grazas á monitoraxe dos equipos que utilices para desempeñar a túa actividade profesional. Desta forma poderás coñecer o consumo de cada un deles e configuralos para que se apaguen automaticamente cando non sexa necesario utilizalos.

Tamén che permite aforrar tempo porque podes programar o aceso dos teus equipos ou maquinaria antes de chegar ao teu negocio. Así cando chegues xa podes poñerte ao choio. Non fai falta que esteas “papando moscas” mentres todo se pon en marcha.

Para despreocuparte de todo podes configurar a iluminación das túas instalacións tendo en conta as necesidades lumínicas de cada momento do día. E tamén poderás programar o aceso e apagado da calefacción segundo a temperatura de cada momento, para que os teus clientes ou provedores sempre estean a gusto nas túas instalacións.

Deixa que 3ollos R se encargue de acender as luces ou as estufas da terraza cando no inverno aprete o frío ou o aire se apreta a calor.

A continuación podes ver detalladamente a gran variedade de funcións de 3ollos R para o teu negocio e para a túa casa explicadas polos responsables do servizo:

 

 

 


 

App

A través da app 3ollos R poderás saber en todo momento que pasa no teu negocio, consultar a temperatura ambiente e ir acendendo os teus equipos para que todo estea preparado cando chegues ao traballo.

Dispoñible para android  e para iOS.

Toda a información sobre este novo servizo de R tela en 3ollosR.gal pero para calquera dúbida, consulta, experiencia ou problema que teñas relacionado con 3ollos R podes contárnola no foro http://foros.mundo-r.com/foros/foro-3ollosR .

Ata a próxima!

máis info?

déixanos aquí os teus datos



    lín e acepto a política de privacidade

    subscríbete ao boletín
    recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
    * This field is required

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    *

    1 comentario

    R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
    Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.