menú
3ollosR

3ollos R gratis no teu negocio

18/09/2018
Blog R

3ollos R é a solución de IoT de R que te informa de todo o que sucede no teu negocio en tempo real.

En R sabemos que cada negocio é un mundo e ten unhas necesidades especiais, por este motivo 3ollos R é un servizo personalizable que se adapta a cada empresa.

E agora podes gozar deste servizo de R de forma gratuíta no teu negocio, sexas ou non sexas cliente de R.

3ollos R negocio

3ollos R negocio mantente informado de todo o que ocorre no teu negocio converténdoo nun lugar intelixente. Ademais, permíteche controlar o consumo de enerxía, algo que está xenial para ser responsable co medio ambiente e aforrar uns cartiños .

É necesario instalar un concentrador, un pequeno dispositivo de baixo consumo, para que os diferentes sensores que se instalen no teu negocio detecten os movementos que se produzan. E, no caso de que o dispositivo se estrague, R envíache un técnico para a súa reparación ou cambio sen ningún custo. O custo do aluguer do concentrador agora mesmo é de 0€ ao mes durante dous meses, a partir do terceiro mes será de 5€/mes (IVE incl.). E se tes contratados 200MB e unha tarifa plana 10GB con chamadas ilimitadas terás 3ollosR gratis cada mes.

Xunto ao concentrador instalas os sensores que te axudarán a converter o teu negocio nun lugar intelixente. O enchufe intelixente permitirache acender e apagar a calefacción ou a luz desde o teu pc, tablet ou móbil, un detector de auga informarache se hai algunha fuga, un multisensor 4en1 informarache sobre as condicións ambientais do teu negocio, o termóstato controlará a temperatura do lugar do traballo e, con el, poderás programar cando queiras que se acenda e apague a calefacción. E para saber que ocorre en tempo real no teu negocio ou empresa, podes instalar unha cámara HD coa que tamén poderás gravar todo o que ocorre.

Podes consultar a oferta de sensores que te axudarán a ter todo baixo control.

3ollosR móbil

Se es dos que controlas toda a túa vida desde o móbil, agora podes facer o mesmo no teu negocio grazas ao servizo 3ollos R móbil. Soamente é necesario que descargues a app de 3ollos R, dispoñible Android e para iOS. As persoas que utilicen os terminais do teu mesmo negocio deben acceder á app como usuario delegado ou a través dunha invitación de conexión.

O teu terminal funcionará como un sensor que localizará en todo momento os terminais que se atopan na mesma conta en todo momento e envíache alertas se algo non vai ben. Que che parece este servizo? Mola eh!, pero o mellor é que o seu custo é 0€ e non é necesario ningún tipo de instalación no teu negocio.

App de móbilR

Estes dous servizos poderalos xestionar dende a app de 3ollos R e recibirás todos os avisos relacionados co teu negocio e vivirás máis tranquilo .

Toda a información sobre estes servizos de R tela en 3ollosR.gal pero calquera dúbida, consulta, experiencia ou problema que teñas relacionado con 3ollos R podes contárnola no foro http://foros.mundo-r.com/foros/foro-3ollosR .


Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!

 

máis info?

déixanos aquí os teus datos



    lín e acepto a política de privacidade

    subscríbete ao boletín
    recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
    * This field is required

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    *

    0 comentarios

    R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
    Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.