menú

3ollos R: así pode axudar á túa empresa

07/12/2018
Blog R

Hoxe queremos comentarche algunha das vantaxes e funcionalidades que ofrece para o teu negocio ou empresa o servizo 3ollos R.

Como sabes, en 3ollos R tes distintos sensores que che permiten controlar todo o que queiras sobre o teu negocio. Facemos un repaso.

Detecta se hai fume

Se tes unha panadería, unha lavandería ou un negocio con moitas máquinas e che preocupa que haxa un incidente eléctrico, podes poñer un detector de fume. Configúrao para recibir unha alerta no teu móbil cando o sensor detecte fume.

Ademais, se o combinas cunha cámara HD, recibirás un vídeo no teu móbil ao momento para ver que sucede.

Mira quen entra ou sae

Se queres saber se alguén entrou no teu negocio, podes poñer sensor de portas. Así recibirás unha alerta no teu móbil cando haxa actividade.

Ademais, se o combinas cunha cámara HD poderás ver un vídeo con quen entra ou sae. Recibirás unah alerta se alguén entra a horas non previstas, ou ben poderás comprobar que o teu persoal entra no horario establecido.

Controla todo a distancia

Se queres acender ou apagar equipos eléctricos de forma remota, o que necesitas é un enchufe intelixente.

Dende o móbil, ordenador ou tablet, podes apagar os equipos que deixaches acendidos ao saír do traballo ou ben acender as luces, apagalas ou ben programalas para que cando alguén pase por diante do teu escaparate se acendan.

Comproba o consumo eléctrico

Se queres coñecer en todo momento o consumo eléctrico do teu negocio, necesitas un medidor de enerxía eléctrica.

Se ademais o combinas con enchufes intelixentes de 3ollos R, monitorizarás o consumo individual dos teus equipos e poderás apagalos se os deixas acendidos.

Este sensor mide en tempo real a potencia que estás a consumir, así como a acumulada que poderás comparar coa túa factura. E avísate se están a punto de saltar os plomos.

Detecta se hai auga

detector de agua avísate se detecta pequenas fugas e inundacións, así como a ausencia de auga (por exemplo se tes unha piscifactoría). Úsao onde queiras e recibe alertas se pasa algo.

Podes utilizar o detector de auga para saber se baixou o nivel de líquido nun determinado recipiente.

Se tes algunha dúbida, quedamos por aquí á túa disposición para resolvela.

contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

máis info?

déixanos aquí os teus datos



lín e acepto a política de privacidade

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo toda a información para o éxito do teu negocio
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.