Sabías que o mando do deco 4K de R é universal? É unha función moi útil que podes configurar ti mesmo na casa e que che permite usar un só mando para acender e apagar, por exemplo, o deco e o televisor. Tes varias formas de configuralo, en función da versión que teñas do mando R.

Nós imos explicarcho paso a paso neste minitutorial.

Utiliza o mando 4K para facelo universal se esta é a túa versión de mando

Así conviertes en universal el mando del deco 4K de R

Estes son os pasos para seguir se no teu mando non tes o botón de Prime Vídeo.

Para activar a función universal do mando do deco 4K de R, podes facelo directamente dende o propio mando.

Estas son as teclas que debes pulsar na orde que verás deseguido:

Así conviertes en universal el mando del deco 4K de R

  • Presiona durante tres segundos o botón de R e espera ata que pestanexe dúas veces a luz superior de cor laranxa do mando.

Procura aquí o código do teu televisor:

0010 LG

0011 Samsung

0012 Sony

0013 Philips

0014 Panasonic

0015 Toshiba

0016 Nevir

0017 Hisense

0018 Bluesens

0019 Airis

0020 Blaupunkt

0021 Sanyo

0022 Sharp

0023 Grunding

0024 Hitachi

0029 Outras marcas

  • Introduce o código correspondente ao fabricante do teu televisor e a luz superior pestanexará dúas veces, esta vez en cor verde.
  • Apaga o televisor pulsando no mando o botón superior de “standby”. E, despois, presiona a tecla “OK” para que se garde a túa configuración. A luz superior do mando pestanexará en cor verde dúas veces e así saberás que seguiches todos os pasos á perfección. Agora, o teu mando 4K funciona como mando universal.

Utiliza o móbil para configurar o mando 4K universal se este é o teu mando

Así conviertes en universal el mando del deco 4K de R

Se o teu mando ten o botón de Prime Vídeo e un círculo grande no medio, descarga unha app no móbil para facer que o teu mando do deco 4K de R sexa universal.

Antes de chegar a ese paso, debes comprobar primeiro se o mando 4K e o deco están vinculados por bluetooth.

  • Mando e deco 4K vinculados por bluetooth:

    Colle o mando do deco 4K e presiona a tecla “ver tv”. A continuación, selecciona o menú “bluetooth” e verás un botón “vincular mando”. Así o mando e o deco estarán comunicados.

    Á hora de configurar o mando universal, debes ter en conta:

    • Desconecta sen fíos o deco, se están vinculados (sairache unha luz laranxa no mando).
    • Deixa o deco aceso, no caso de que mando e deco non estean vinculados (a luz do mando será de cor vermella).
    Instala a app Ruwido infrared no teu teléfono móbil:

    Abre a tenda de aplicacións do teu móbil e descarga a app Ruwido infrared para Android e iOS

    Así conviertes en universal el mando del deco 4K de R

    Despois de instalala, ve aos axustes do teu teléfono para activar o bluetooth.

    Ao acceder á app, terás que seguir os pasos e presionar o botón “OK” do mando para poder seguir coa configuración.

    Así conviertes en universal el mando del deco 4K de R

    A continuación, a aplicación mostrarache unha lista cos fabricantes de televisores máis comúns. Selecciona a marca do teu televisor.

    Así conviertes en universal el mando del deco 4K de R

    Para finalizar a configuración, debes confirmar que estás de acordo en que o mando 4K vaia controlar o televisor. Para facelo, presiona a opción “done” ou “feito”, en castelán. O mando verificará que a función universal xa está activada cun dobre pestanexo da luz superior en cor verde.

    Así conviertes en universal el mando del deco 4K de R

    A partir de agora, controlas televisor e deco dende o mesmo mando.

Configura o mando 4K en modo universal se este é o teu mando

Así conviertes en universal el mando del deco 4K de R

Se o teu mando ten no medio un círculo grande con botóns pegados, terás que introducir o código universal a man, a través dun código de 3 díxitos, como ves nesta imaxe:

Así conviertes en universal el mando del deco 4K de R

Imos por partes:

  1. Presiona os botóns “Mode” e “OK” ao mismo tempo 3 segundos. Acenderase o piloto LED “TV”.
  2. Teclea agora o código de 3 díxitos segundo cal sexa o fabricante da túa tele. Cada vez que pulsas un díxito, verás que o LED parpadea, agás no último.

Estes son os códigos:

  • Toshiba: 448 436 437 604 468 195 142 004 188 185 172
  • Samsung: 417 004 182 113
  • Sony: 433 444
  • Panasonic: 424 426 285 004 524 489 425 195 611
  • Philips: 421 423 422 138 539 521 004
  • LG: 420 658 484 521 496 488 259
  • OKI: 347 212 195 004
  • Motorola: 607 178 001
  • Kenwood: 113
  • I-JOY: 395 150
  • Energy Sistem: 140 139
  1. Acéndese o LED en verde se introduciches correctamente o código. E, de seguido, saes da configuración.
  2. Acéndese o LED en vermello se non introduciches ben o código. E, de seguido, saes da configuración.

Cando estás neste modo de configuración, se pulsas algunha tecla diferente a esas, non terá validez.

Se ves que che atrancas nalgún punto, ponte en contacto connosco e axudarémosche coa configuración.