Ola. Queremos avisar dun posible engano que están a sufrir moitos usuarios de telefonía móbil, para que esteades atentos ante este tipo de prácticas e non caiades con estas estafas.

O caso é que os nosos clientes (e os doutros operadores móbiles), están a recibir un feixe de chamadas dende países como Albania ou Bosnia Herzegovina. Vamos, que estes días están a realizar unha campaña arreo para enganar a xente. Moitas veces úsanse máquinas que chaman de forma automática para poder chegar a canta máis xente mellor, co que todos somos posibles vítimas.

Moitos destes números, despois do prefixo, comezan por 6, polo que algúns usuarios pensan que os chamou un móbil dende España. Se chamamos, xa caemos na trampa.

Porque precisamente o que buscan é que volvamos chamar, pensando que é por algún trámite ou alguén que quere contactar con nós. Realmente estamos a chamar a un número internacional moi caro e a factura vai ser gorda.

Así que se recibes as chamadas de números estraños, por favor, non devolvas a chamada. Desconfía sempre e fíxate no prefixo ou busca información do número, non vaia ser.

Deixámosvos algúns números que están chamando aos nosos clientes:

estafa perdidas

Actualización: acabamos de detectar o mesmo tipo de chamadas, pero agora dende Marrocos e Túnez.

estafa perdidas

Imaxe de Tom Sodoge