Os/as veciños/as de Viveiro xa dispoñen da nosa ultrarrápida rede de fibra. Agora, nesta localidade da Galicia cantábrica pódese navegar a máis velocidade, con maior cobertura e seguridade e gozar das pelis e series favoritas en altísima calidade grazas a fibra MAX.

Queres coñecer máis vantaxes da fibra e das tarifas de móbil de R? Estás no lugar adecuado :)

Consultar cobertura de fibra en Viveiro

Cal é a mellor oferta de fibra en Viveiro?

En R aplicámonos a fondo para que nada entorpeza a túa pericia como gamer, para que goces da mellor cobertura e velocidade de internet e para que vexas en calidade 4K os teus contidos favoritos de plataformas como Netflix ou Prime Video.

Contámoscho con máis detalle:

  • En canto á velocidade e cobertura: fibra preparada para alcanzar os 10 Gbps de velocidade da internet. Aproximadamente, 4 veces máis rápida que outras fibras e, ademais, simétrica, coa mesma velocidade de subida e de baixada. De momento, os nosos/as usuarios/as particulares xa dispoñen de 1Gb (tamén con velocidade simétrica).
  • E, doutra banda, sabes o que fai o sistema wifi 6 universal? Selecciona de forma intelixente a banda con mellor calidade en cada momento para que navegues sempre coas mesmas prestacións que se estiveses á beira do router.

  • Respecto á seguridade: usamos o protocolo sen fíos WPA3, o máis seguro do mercado.

  • Para os/as gamers: conectámonos aos mellores servidores e plataformas de gaming e evitamos problemas de retardos, latencia ou ping.
  • Sobre a tele: a nosa oferta de fibra inclúe un deco Android 4K. A forma máis rápida e cómoda de converter a túa pantalla nunha Smart TV e ver en calidade 4K os contidos de plataformas como Netflix, DAZN ou Disney+.
  • Tamén poderás gozar do noso rebobina e descargar aplicacións, xa que conta con sistema operativo Android.

    Contrata fibra e móbil en Viveiro

    Aínda que en R somos moi de fibra, tamén pensamos no teu móbil. E para el temos unha tarifa de datos ilimitados con chamadas ilimitadas a fixos e a móbiles nacionais.

    De todos os xeitos, se non necesitas tantos datos, tamén temos tarifas con 10 ou con 30 Gb.

    Elixas a que elixas, terás cobertura 5G no teu móbil sempre que o teu terminal sexa compatible e alí onde xa teñamos completado a despregadura desta tecnoloxía.

    Así que navegarás aínda máis rápido e as túas xestións serán máis cómodas ao reunir nunha única factura fibra e móbil.

    Ver tarifas R en Viveiro

    Como contrato ou cambio a fibra en Viveiro?

    Se xa es cliente/a chamarémoste en canto a rede fibra MAX de R estea dispoñible na túa zona para concertar cita e ir instalarche os novos equipos no teu domicilio. Sen trámites nin custos adicionais.

    Aínda non te decidiches de todo? Consulta toda a información sobre fibra MAX na nosa web ou chámanos. Estamos á túa disposición para resolver todas as dúbidas que teñas.

    Cobertura de fibra en Viveiro

    Unhas 2.500 empresas e particulares de Viveiro xa aproveitan as vantaxes da nosa fibra óptica ata o fogar (FTTH).

    E seguiremos sumando porque continuamos cos nosos traballos de mellora. Queremos consolidarnos como o operador con máis cobertura propia na túa localidade e chegar aínda a máis vivendas e negocios viveirenses.

    Viveiro, mariñeiro e histórico

    Viveiro é un concello costeiro da Mariña Lucense, localidade con máis de 900 anos de historia que conta con areais fantásticos, como o de Covas; miradoiros naturais panorámicos, como o da Insua; e bosques centenarios, como o Souto da Retorta.

    Ao aproximarnos ao seu centro histórico podemos distinguir tres das antigas portas coas que contaba o antigo recinto amurallado: a Porta de Carlos V, a Porta "da Vila" e a Porta "do Valado". E as súas rúas acubillan unha rica arquitectura popular que inclúe casas con corredores, balconadas e galerías acristaladas que miran cara á ría.

    Viveiro e as súas celebracións

    Populares son tamén algunhas das súas celebracións, como a Semana Santa, declarada Festa de Interese Turístico Internacional, ou a tradicional Romaría do Naseiro.

    Festas, lugares e monumentos que podes compartir co mundo aproveitando agora a mellor oferta de fibra do mercado, a de R.

    Imaxe centro histórico Viveiro: Concello de Viveiro.