A cultura mariñeira respírase nas nove parroquias de Ribeira. Unha terra de mar, que é agora punteira na rede de fibra óptica máis rápida e moderna que hai, a de R. Os/as veciños/as de Ribeira xa poden navegar por internet a velocidades catro veces por enriba do ADSL e con todas as vantaxes de fibra MAX.

Se queres contratar internet en Ribeira, ter a mellor cobertura wifi e ver a televisión en 4K, empeza por aquí.

Consultar cobertura de fibra en Ribeira

Que inclúe a oferta de fibra óptica en Ribeira?

A oferta de fibra óptica de R dáche toda a velocidade e a cobertura wifi que necesitas para traballar na ofi ou na túa casa de Ribeira. Isto é todo o que inclúe fibra MAX:

  • Conexión 4 veces máis rápida que outras fibras: quen xa contratou a oferta de fibra de R xa está a gozar dun 1Gb simétrico de velocidade, a mesma de subida e de baixada. Pero a nova rede ultrarrápida vai chegar aos 10Gb para navegar por internet.
  • Cobertura wifi multiplicada por 4: conecta de forma simultánea á rede wifi cantos dispositivos queiras, sen importar o lonxe que estean do router. A tecnoloxía wifi 6 universal dáche máis cobertura porque selecciona a banda de maior calidade en cada momento.
  • Experiencia de usuario en xogos en liña superior: sen cortes, nin retardo para os gamers, que agora poden ver streaming en Twitch de forma totalmente fluída, porque a nova fibra de R se conecta directamente cos servidores de gaming.
  • Televisión en calidade 4K: a oferta de fibra de R inclúe o deco Android 4K. Isto quere dicir que verás os teus contidos favoritos na maior calidade e, ademais, que poderás instalar apps como Netflix no teu televisor, aínda que non teñas unha Smart TV.

Tamén podes meter liñas de móbil na oferta e gozar do pack máis completo de fibra en Ribeira.

Tarifas de móbil na oferta de fibra MAX

Queres ter todos os teus servizos con R dentro da oferta de fibra? Engade unha ou varias liñas de móbil na mesma factura. Terás xigas ilimitados para que nunca quedes sen datos e chamadas ilimitadas.

Ademais, a conexión irá rapidísimo grazas á cobertura 5G que estamos a despregar. Para gozala, debes estar nunha zona de cobertura 5G e o teu móbil debe ser compatible con esta tecnoloxía de última xeración.

Ver ofertas de fibra + móbil en Ribeira

Contrata agora ou pasa á fibra óptica de R en Ribeira

As novas altas en R xa inclúen a nova fibra óptica máis rápida e moderna do mercado. Só tes que chamarnos para contratar fibra MAX en Ribeira e consultar a oferta na nosa web.

Aos/as clientes/as de R en Ribeira chamarémosvos para que o instalador vaia á vosa casa e vos deixe funcionando o novo router e o deco 4K, se aínda non o tes. Estes novos equipos non teñen ningún custo adicional para ti. Entón, en canto a rede xa estea despregada onde vives, poñerémonos en contacto para fixar a cita.

Como avanza a cobertura de fibra en Ribeira

A día de hoxe, a cobertura da fibra ata o fogar (FTTH) chega xa a case 3.500 vivendas e empresas de Ribeira.

E seguimos despregando a nova rede para que dentro de moi pouco a cobertura de fibra MAX de R sexa total para todos os veciños e veciñas de Ribeira.

Ribeira, capital da comarca do Barbanza

Ribeira, coas súas nove parroquias, presume de tesouros que ben coñecen os seus veciños e os visitantes, que repiten non só no verán, pola súa gastronomía, natureza e praias.

E que tesouros! Os percebes de Aguiño, o Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, a illa de Sálvora, o Miradoiro da Pedra da Ra, dende onde ver unha panorámica alucinante coa desembocadura da ría de Arousa.

E se falamos de arqueoloxía, Ribeira concentra unha boa cantidade de xoias como o dolmen de Axietos, o Castro da Cidá ou o Parque Periurbano de San Roque.

Ribeira é para percorrela a pé ou en bicicleta, a través de múltiples sendas na franxa litoral, que te levan a areais como a praia de Coroso, a praia do Touro, a praia do Vilar, Castiñeiras, A Ameixida ou Castro e A Catía, entre outras.

A Festa da Dorna é a celebración máis universal de Ribeira, da que presumen con orgullo os/as veciños/as.

Como agora tamén poden presumir da rede de fibra óptica máis moderna de toda Galicia.

Imaxe: Concello de Ribeira.