Industria, Camiño de Santiago e granito conviven no Porriño, o municipio do sur de Pontevedra ao que agora tamén chega a fibra máis moderna do mercado.

Vives no Porriño? Non perdas as vantaxes da nosa fibra MAX de R.

Consultar cobertura de fibra no Porriño

A mellor oferta de fibra no Porriño

Aplicámonos a fondo para que goces da mellor cobertura e velocidade de internet, para que nada entorpeza a túa pericia como gamer e para que vexas con altísima calidade as túas series e pelis favoritas.

Porque fibra MAX de R chega cargada de vantaxes:

  • Máis velocidade e cobertura. Sabes que fai o sistema wifi 6 universal? Selecciona de forma intelixente a banda con mellor calidade en cada momento e, deste xeito, navegas sempre coas mesmas prestacións que se estiveses á beira do router.
  • Fibra preparada para alcanzar os 10Gb de velocidade de internet. Ata 4 veces máis rápida que outras fibras e simétrica (coa mesma velocidade de subida e de baixada). De momento, os nosos/as usuarios/as particulares xa dispoñen dun 1Gb.
  • Coidando a seguridade. A velocidade e o alcance non están rifados coa seguridade. Para iso usamos o protocolo inalámbrico WPA3, o máis seguro do mercado.
  • Adeus aos retardos. Ao conectarnos aos mellores servidores e plataformas de gaming, evitamos problemas de latencia ou ping.
  • Deco Android 4K incluído. O noso deco é a forma máis rápida e cómoda de converter a túa pantalla nunha Smart TV e acceder ás mellores plataformas de streaming. Así poderás ver en calidade 4K os contidos de Prime Video, Netflix ou do noso rebobina R. Tamén poderás descargar aplicacións grazas ao seu sistema operativo Android.

  • Contrata o teu móbil con R no Porriño

    Somos moi de fibra, pero tamén pensamos no teu móbil. E para el temos unha tarifa de datos ilimitados que inclúe chamadas ilimitadas a fixos e a móbiles nacionais.

    Aínda que, se non necesitas tantos datos, tamén che ofrecemos tarifas con 10 ou con 30 GB.

    En todo caso, terás cobertura 5G no teu móbil. Sempre que o teu terminal sexa compatible, alí onde xa teñamos completado o seu despregamento dispoñerás da tecnoloxía máis punteira do mercado e navegarás aínda máis rápido.

    Ademais, se contratas fibra e móbil connosco unificarás facturas. Resultarache máis cómodo e aforrarás un pouquiño.

    Ver tarifas R no Porriño

    Queres contratar ou cambiar a fibra MAX de R no Porriño?

    Se xa es cliente/a, chamarémoste en canto a rede estea dispoñible na túa zona para quedar contigo e ir instalarche os novos equipos no teu domicilio. Sen ningún trámite nin custo adicional para ti.

    Se aínda non te decidiches de todo, consulta toda a información sobre fibra MAX na nosa web. Ou chámanos; estamos á túa disposición para resolver todas as dúbidas que teñas.

    Cobertura de fibra no Porriño

    Case 2.700 empresas e particulares do Porriño xa aproveitan as vantaxes da nosa fibra óptica ata o fogar (FTTH).

    E continuamos cos nosos traballos de mellora para consolidarnos como o operador con máis cobertura propia na túa localidade e chegar aínda a máis vivendas e negocios do Porriño.

    O Porriño, industria e patrimonio natural

    O Porriño, municipio enmarcado na área Metropolitana de Vigo, é un dos principais núcleos industriais de Galicia.

    Pero tamén conta cun importante patrimonio natural. Sobresaen as Gándaras de Budiño, unha zona húmida con máis de 150 especies de vertebrados no que se atoparon numerosos restos de asentamentos paleolíticos.

    Mención especial merecen tamén os numerosos muíños de auga que se atopan nas súas diferentes parroquias. Os muíños de Coutada, Balada, Toural, Coxa ou Cotiño son edificacións discretas e prácticas, algunhas delas centenarias, que conforman unha parte fundamental do patrimonio etnográfico e histórico da zona.

    No casco antigo do seu núcleo urbano consérvanse casas con escudos de armas con soportais, como a de Quirós, e edificios modernistas como o Concello, obra de Antonio Palacios.

    Terra de peregrinación e de granito

    Polo Porriño discorre o Camiño Portugués que une Tui con Santiago.

    E nesta localidade atópase o principal xacemento de granito de España e, ademais, unha variedade específica: o granito "Rosa Porriño".

    Agora, esta localidade de gran actividade industrial recibe un novo empuxón tecnolóxico da man da fibra de R, que axudará aos seus veciños e negocios a ser máis competitivos na actual contorna dixitalizada e innovadora.

    Imaxe O Porriño: Concello de O Porriño.