Levas todo o ano esperando polas vacacións para escapar á residencia de veraneo. E apetéceche gozala con todas as comodidades para sentirte como na túa casa. Porque relaxarse non significa desconectarse. Por iso en R poñémoscho fácil, para que navegar sexa o último que che estrese, a non ser que sexa no mar 😉.

Goza con R de internet 300 megas na túa segunda vivenda por 22€/mes.

Internet segunda vivenda

Cando estás fóra, adoitas tirar dos xigas do móbil para estar conectado; pero claro, os datos baixan a unha velocidade que non vexas.

Ao final, sáeche máis a conta poñer internet na túa segunda vivenda para non esgotar a túa tarifa e poder gozar con tranquilidade de todo o que che gusta facer na túa residencia habitual:

  • Ver as túas series e pelis favoritas en Netflix.
  • Facer videochamadas coa familia e amigos que quedaron na cidade.
  • Teletraballar con vistas, se aínda non estás de vacacións.
  • Tirarlle partido ao teu asistente virtual ou altofalante intelixente.
  • Facer a compra online.

Vaia, estar como na casa.

Fibra na túa segunda casa máis barato

Para darlle velocidade á túa segunda residencia, só necesitas ter contratado internet con R no teu domicilio principal.

Trátase dun prezo final. É dicir, non é unha oferta que sobe de prezo pasado un tempo, senón que vas pagar este prezo cada mes.