menú
we the media

We the media, o novo traballo de Héctor Carré

28/01/2016
Blog R

Hoxe presentámosvos We the media, a nova longametraxe que o cineasta galego Héctor Carré está a gravar e que estreará a finais deste ano. Trátase do primeiro documental que fai el sen un guión escrito previamente e, segundo Carré, a idea xurde para plasmar o periodo de transición que está a sufrir o xornalismo na actualidade, o que permitirá, nun futuro, visualizar este momento de cambio que influíu tanto na sociedade democrática.

Para a rodaxe o director falou con referentes xornalísticos en emblemáticas redaccións ou mesmo nos seu fogares en diferentes lugares do mundo… e aínda lle queda algún máis que visitar. O documental está a ser rodado en varias fases, xa que Héctor ten que compaxinalo coa súa actividade profesional como guionista. A rodaxe comezou no verán de 2014 coincidindo con desfile da coroación de Felipe VI e está previsto que remate antes do verán para poder estrealo na Coruña cara finais de ano; así que agardamos que vos acheguedes a velo, porque nos dá a impresión de que paga a pena, de verdade.

Ao longo da reportaxe figuras destacadas do xornalismo como Noam Chomsky, Gay Talese, Bill Kovach, Iñaki Gabilondo, Casimiro García Abadillo ou María Cedrón, entre outros, dan a súa opinión sobre a situación actual do xornalismo. Aquí podedes ver o último tráiler publicado para que vaiades facendo boca

 

Para a gravación do documental Héctor Carré estivo varios días na redacción de El Mundo, onde asistiu a reunións de primeira páxina e alí viviu “in situ” o accidente de avión de Germanwings cando facía a ruta de Barcelona- Dusseldorf. Tamén visitou as redaccións doutros xornais importantes en Estados Unidos para conseguir as impresións sobre o cambio que está sufrindo a profesión.
E tampouco imos revelar nada máis porque tedes que velo, aínda que teñades que agardar un pouquiño máis

O noso Héctor Carré

Dá gusto saber que hai xente de aquí tan artista coma Héctor Carré, que fai cousas tan boas e aínda por riba é da nosa terra. O cineasta coruñés ten unha ampla experiencia, que seguramente moitos de vós xa coñecedes, no sector audiovisual e literario. Podedes comprobalo no seu blog onde aparecen recollidas todas as súas obras. Destaca a novela que publicou o pasado ano “Hai que matalos a todos” que agora será publicada en castelán.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios