menú
fin de ano

Plans para fin de ano en Galicia

21/12/2016
Blog R

As festas do Nadal están á volta da esquina e xa comezas a pensar nos plans para Fin de Ano. Xa sabemos que son datas de xuntarse coa familia, de cear e xantar moito, de empachar  de cantar panxoliñas (quen as cante!). Pero a moitos, con facelo dous días xa lles chega e prefiren pasar o remate do ano e o Aninovo noutro ambiente, cun plan diferente. A verdade é que en Fin de Ano hai actividades para todos os gustos, xa que non se trata dunha noite tan familiar como a Noiteboa.

Se queres rematar o ano facendo deporte podes participar nas carreiras de San Silvestre, en diferentes cidades e vilas de Galicia. As máis multitudinarias son as de Vigo e da Coruña. Seguro que se participas nelas rematarás algo canso pero o mérito está en ver se chegas a comer as uvas antes de caer a durmir.

uvas

E se es dos que che gusta ir para cama cedo ou tes cativos que non aguantan ata as doce espertos, non te preocupes porque podes tomar as uvas ás doce, pero da mañá. Así o fan en Vilagarcía de Arousa, unha celebración que agora se está poñendo de moda en moitas máis vilas de Galicia. A historia da “Festa das uvas” de Vilagarcía remóntase ao ano 1998 no que algúns habitantes desta localidade se xuntaron para celebrar anticipadamente a chegada do Aninovo entre amigos e veciños. Este curioso evento só se interrompeu o ano 2003 por mor do afundimento do Prestige. Hoxe en día a asistencia é multitudinaria e a festa alóngase máis aló do mediodía.

E se o que che apetece é un plan máis tranquilo, podes pasar esta noite nun faro de Fisterra: con cea incluída e quedando a durmir. Aínda que tes que bulir porque este plan é moi demandado. Poucos teñen a sorte de que cear con estas vistas, polo que paga a pena.
faro
Fonte: http://www.hotelsemaforodefisterra.com

E nesta liña, que che parece pasar a noite no alto dunha árbore na Serra de Outes? Nada mal, eh? Pois Cabanas do Barranco ofrece este plan, aínda que a cea non vai incluída, pero seguro que podes montar ti un picnic completiño.

cabanas
Fonte: http://cabanasdobarranco.com/

Xa ves que hai moitas alternativas para facer plans en Fin de Ano. Así que, escolle e desfruta dunha boa saída e entrada de ano.

Feliz Aninovo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

5 comentarios

  1. perikan di:

    2 días con fallo de mobil r + Internet mobil r el zona ARTEIXO-SABON…
    No conecta a red

  2. Jesús García di:

    que… qué plan tengo? darme de baja de una vez después de 16 años en esta compañía. Cuando cambié de combo costaba 38€ y a la semana lo subieron a 40€. Me quitaron parte de los descuentos promocionales que supuestamente eran para siempre. Me subieron una de las 3 líneas de móvil que era una simple sim de 6 a 9 euros. Luego me subieron las otras dos líneas 1 euro dándome más, claro, pero yo no quería más. Ahora van a subir las tarifas de nuevo a primeros de año. Y AÚN ENCIMA, llevo desde las 12:00 hasta ahora, que son las 23:16 sin línea de móvil ni datos….. Y todavía preguntan que cual es tu plan para fin de año…… En fin.