menú

‘Zootrópolis’, estrea en rebobina

15/06/2016
Blog R

A comedia de animación ‘Zootrópolis’ está dispoñible dende o mércores 15 de xuño en rebobina.

Nun mundo no que os humanos nunca existiron, Zootrópolis é unha cidade poboada por animais e está composta por barrios con culturas diferentes. Hai unha luxosa Sahara Square para os animais do deserto; Tundratown, para os osos polares e os alces; o Distrito da Selva Tropical, cálido e húmido; e Little Rodentia, para os mamíferos máis diminutos. Zootrópolis revoluciónase coa chegada da policía Judy Hopps, unha conexiña decidida a resolver un misterioso caso, aínda que para iso deba traballar con Nick Wilde, un raposo tan charlatán como pouco fiable.

Tres directores comparten a dirección desta película de animación que trae de novo ás pantallas outro clásico de Disney: Byron Howard (‘Enredados’), Rich Moore (‘¡Rompe Ralph’) e Jared Bush (creador da serie de televisión ‘Penn Zero: Casi Heroe’).

Da música encargouse Michael Giacchino, gañador dun premio Oscar á mellor Banda Sonora por ‘Up’. A cantante colombiana Shakira é a responsable da canción principal da cinta.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

  1. Óscar Fernández di:

    Rebobina acierta con esta película. La recomiendo para que los niños aprendan a luchar en lo que creen, aún en contra de las ideas de los tuyos.