menú

Syfy estrea a segunda tempada de ‘Killjoys’

29/08/2016
Blog R

Syfy (dial 27) estrea o xoves 1 de setembro, ás 22:00h, a segunda tempada de ‘Killjoys’, serie protagonizada por un trío de cazarrecompensas intergalácticos para os que a misión o é todo.

‘Killjoys’ é unha serie dos produtores de ‘Orphan Black’ e a creadora de ‘Lost Girl’. Está protagonizada por Luke Macfarlane (‘Cinco hermanos’), Hannah John-Kamen (‘The Hour’, ‘Happy Valley’) e Aaron Ashmore (‘Warehouse 13’, ‘Smallville’).

A segunda tempada consta de dez novos episodios que combinan á perfección ciencia ficción, aventuras, acción e carismáticos personaxes.

Os líderes deste grupo de mercenarios galácticos son Dutch (Hannah John-Kamen), unha atractiva ex asasina cun pasado complicado; o seu leal compañeiro John (Aaron Ashmore), un agudo mago da tecnoloxía con bo fondo; e o seu irmán D’Avin (Luke Macfarlane), un soldado de elite experto en tácticas de combate do que levaba anos distanciado. Xuntos forman un grupo de cazarrecompensas moi preparado, cada un coas súas propias habilidades que achegan ao conxunto mentres viaxan polos distintos mundos do complexo sistema planetario Quad.

Os Killjoys só teñen unha regra: ‘a misión éo todo’, o que significa que ningún deles toma partido persoal nas súas misións e sempre terminan o traballo que lles encargan. Nesta tempada, e aínda que o equipo segue unido, veremos a Dutch envolta en solitario nunha misteriosa trama. Mentres, Johnny vese obrigado a involucrarse nas perigosas tramas políticas de Quad. Esta división de prioridades causará problemas no equipo nestes novos episodios.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*