menú

‘X-Men: Apocalipsis’, en rebobina

21/09/2016
Blog R

‘X-Men: Apocalipsis’, a última película da triloxía X-Men, xa está dispoñible en rebobina.

Dende as orixes da civilización, el foi venerado como un deus. Apocalipsis, o primeiro e o máis poderoso dos mutantes, fíxose cos poderes doutros moitos, converténdose en inmortal e invencible. Tras o seu enfraquecemento despois de miles de anos, a súa desilusión cara ao mundo obrígao a recrutar a un grupo de poderosos mutantes para purificar a humanidade e crear unha nova orde.

Bryan Singer (‘Superman Returns’, ‘Sospechosos habituales’) dirixe esta nova película de superheroes dunha saga de Marvel coa que xa está familiarizado tras dirixir tamén ‘X-Men’.

O elenco da cinta está repleto de actores coñecidos, como James McAvoy (‘Expiación’, ‘El último rey de Escocia’), Michael Fassbender (‘Prometheus’, ‘Shame’), Jennifer Lawrence (‘Los juegos del hambre’, El lado bueno de las cosas’), Nicholas Hoult (‘Mad Max: Furia en la carretera’) e Oscar Isaac (‘A propósito de Llewyn Davis’, ‘Star Wars: Episodio VII – El despertar de la Fuerza’).

 

 

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios