menú

Wim Wenders, en Play-Doc TV en outubro

10/10/2016
Blog R

Play-Doc TV dedícalle un ciclo en outubro aos documentais dun director de culto como Wim Wenders. E un dos títulos, ‘La sal de la Tierra’, emítese en aberto para todos os clientes  da tele de R durante o mes de outubro.

A obra enteira de Wim Wenders é unha referencia para os amantes do cine pola súa visión única e pola súa beleza, aínda que é difícil abarcala dunha soa vez. Play-Doc TV propón un achegamento ao seu traballo a través de cinco documentais nos que explora o proceso creativo de distintos artistas polos que el sente unha profunda admiración.

Comeza a viaxe á obra de non ficción de Wim Wenders o documental ‘La sal de la tierra’, onde o director desata a súa obsesión pola imaxe nunha hipnótica expedición arredor da vida e obra do fotógrafo Sebastião Salgado. Wenders presenta o traballo de Sebastião Salgado en colaboración co seu fillo Juliano, quen busca coñecer ao seu pai máis aló da figura do fotógrafo. O resultado é un documental impactante que che remove as entrañas de horror e de asombro, unha obra que necesariamente brinda perspectiva sobre o mundo no que vivimos.

Outro dos grandes mestres para Wenders foi o xaponés Yasujiro Ozu. En ‘Tokyo-Ga’, o director alemán achégase ata o universo creador e a paisaxe vital de Ozu, pero non se limita a reflectir o que inspirou a súa obra, senón tamén a radiografiar Xapón, un país en continua metamorfose.

Wim Wenders, ademais de cinéfilo, era un grande amante da música. El mesmo dicía que o rock and roll lle salvara a vida. Precisamente, o título da súa primeira película, ‘Summer in the City’ (1970), procede dunha canción do grupo Lovin’ Spoonful. Outro fermoso exemplo é a marabillosa ‘Lisbon Story’; Play-Doc TV, no canto de visitar a capital lusa da man de Madredeus, propón un baile ao son da música caribeña a través da visión persoal que Wenders fai do músico Ry Cooder. ‘Buena Vista Social Club’ relata o encontro histórico do gran guitarrista norteamericano cos ‘súper avós’ da música cubana.

Aparece tamén neste ciclo o documental ‘Pina’, un filme que revoluciona a relación entre o cine e a danza a través dunha viaxe sensual, visualmente moi impactante, sobre as coreografías máis coñecidas da gran Pina Bausch.

E pecha este achegamento á obra de non ficción de Wim Wenders un título que nos mostra a figura de cineastas que influíron claramente na súa obra. O gran director norteamericano Nicholas Ray é o protagonista de ‘Relámpago sobre agua’, documental sobre os últimos días do autor de películas inesquecibles como ‘Rebelde sin Causa’ ou ‘Johnny Guitar’. Ray, enfermo de cancro, reflexiona sobre o cine na compañía dos seus amigos. Wim Wenders coñeceu a Nicholas Ray en 1976 durante a rodaxe de ‘El Amigo Americano’. ‘Sabía que quería traballar e morrer traballando’, di Wenders na película.

Subscríbete a Play-Doc TV por 2,30€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios