menú

A última entrega de ‘Star Trek’, dispoñible en rebobina

14/12/2016
Blog R

‘Star Trek: Más allá’ está dispoñible en rebobina dende o mércores 14 de decembro.

Nesta ocasión, a tripulación do Enterprise disponse a explorar os últimos confíns do espazo, aqueles lugares aos que ninguén máis chegou. Unha vez alí, enfróntanse a un novo e misterioso inimigo que os poñerá a proba, tanto a eles como á Federación e a todo o que representa. O seu novo inimigo é unha especie alieníxena avanzada.

‘Star Trek: Más allá’ está protagonizada por Chris Pine (‘Batman v Superman: Dawn of Justice’, ‘Into the Woods’), Zachary Quinto (’24’), Zoe Saldana (‘Avatar’), Karl Urban (‘El Señor de los Anillos’) e Simon Pegg (‘Misión Imposible – Nación secreta’).

O director é o chinés Justin Lin, coñecido especialmente polo seu traballo en varias películas da saga ‘Fast and Furious’.

É a secuela de ‘Star Trek: en la oscuridad’ e a terceira película da triloxía comezada fai sete anos con ‘Star Trek’, cando J.J. Abrams reiniciou o universo ‘trekkie’. Nesta nova aventura da nave liderada polo capitán James T. Kirk, J.J. Abrams exerce de produtor.


 

 

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*