menú

Tolemias, en aberto para todos os clientes do 17 ao 30 de xuño

17/06/2016
Blog R

Tolemias celebra en xuño o 35º aniversario de Siniestro Total e queremos que todos os clientes de televisión R poidan desfrutar dun concerto tan especial. Por iso, a subscrición Tolemias permanecerá en aberto para todos os clientes do 17 ao 30 de xuño.

Tolemias é unha canle de concertos musicais gravados en vivo, tanto de grandes festivais que se celebran en Galicia (Ortigueira, Festival da Luz, Festival de Valadares …) como outros gravados na máis exquisita intimidade dos locais máis emblemáticos do panorama musical galego.

En xuño, conta en exclusiva co concerto que Siniestro Total ofreceu no Festival Portamérica para conmemorar o seu 35 aniversario. Siniestro Total comezou a súa andaina musical en Vigo en 1981. Un ano despois, publicou o seu primeiro álbum de estudo, ‘¿Cuándo se come aquí?’. Logo chegarían éxitos como ‘Bailaré sobre tu tumba’ (1985), ‘Made in Japan’ (1993), ‘Policlínico miserable’ (1995), álbums gravados en directo como ‘Así empiezan las peleas’ (1997) e ‘Que parezca un accidente’ (2008) e ata seis discos recompilatorios, para alegría dos seus moitos seguidores. Eses fans para quen as letras da banda se converteron en auténticos himnos.

Pero Siniestro Total é só unha mostra do que podemos atopar en Tolemias. Folk, rock, música tradicional galega… Todo tipo de música ten cabida na subscrición, cuxos contidos se renovan cada mes. Por exemplo, en xuño incorporamos tamén contidos de ‘Es un árbol’, ‘IgMig’, ‘Orquesta
Metamovida’ ou ‘Zamaramandi’, entre outros.

Queres desfrutar de Tolemias? É moi sinxelo. Só tes que ir a “a miña TV” e xa tes unha ligazón directa aos concertos de Tolemias. A partir do venres 1 de xullo, o prezo é 1,10 €/mes (IVE incl.) e dáche acceso a todos os contidos. Para darte de baixa, tes que ir á mesma sección e, co teu mando R, descontratar a canle.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios