menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

Tolemias celebra o 35 aniversario de Siniestro Total

01/06/2016
Blog R

En xuño, Tolemias conta en exclusiva co concerto que Siniestro Total ofreceu no Festival Portamérica para conmemorar o seu 35 aniversario. Pero non é a única novidade musical do mes en Tolemias.

Pouca presentación necesita Siniestro Total. Tan só con nomealos xa todos cantaremos algunhas das súas letras. Temas que co paso de tempo se converteron case en himnos para todos os galegos. A banda naceu en Vigo en 1981 e o seu éxito foi medrando ata alcanzar o seu máximo esplendor a finais da década dos 80 e principios dos 90. Na formación orixinal estaban Julián Hernández, Alberto Torrado, Miguel Costas e German Coppini. Ao longo dos anos, a formación foi cambiando, uns marchaban e novos nomes chegaban ó grupo. En 1982, sacaron o seu primeiro álbum de estudio ‘¿Cuándo se come aquí?’ e dende aquel momento tiveron unha frutífera produción musical que navega entre o punk e o rock, suavizándose en ocasións ata o power-pop, para despois volver ao rock, incluso chegando case a rozar o heavy metal. Pero, sen dúbida, o que sempre destacou desta banda foron as súas letras.

Heredeiros da Crus: As letras descaradas e divertidas, as guitarras poderosas, o falar natural, con gheada e seseo, e a actitude provocadora e irreverente fan dos Heredeiros todo un símbolo para milleiros de galegos e galegas famentos de música e cultura coa que identificarse. Heredeiros da Crus é un grupo de rock galego fundado en 1992 por Antón Axeitos (Tonhito de Poi) en Castiñeiras (en Riveira, provincia de A Coruña). A el únense Antonio Novo (Tuchiño) como guitarrista, Francisco Velo (Ou Jran Fran) como baixo e Javier Vazquez Maneiro (Jarfuxo) como voz. Dende a súa fundación pasaron polo grupo varios baterías, sendo o último Manu Rey, despois de ocupar ese posto Pedro Rodriguez-Trelles, Avelino, Benito, Pepe Santamaría ‘Medin’ (a maior parte da vida do grupo) ou Marcos Otero. En 1993 presentan o seu primeiro traballo en directo, ‘A cuadrilla de Pepa a loba’, que publican en 1994 e no que se inclúen cancións que rapidamente alcanzan popularidade entre a mocidade galega dos 90 como ‘Quero josar’ ou ‘*R7-Ou Jran batacaso’, aínda que o éxito chegaralles da man do single ‘Que jallo é’, que se emitía no programa infantil ‘Xabarín Club’.

Es un árbol é un grupo de rock que se compón en Vigo. Teñen 3 discos: o primeiro foi gravado en 2011 durante unha tarde de ensaio, contén soamente 2 cancións e chámase ‘El anterior disco de É Un Arbol’. O segundo disco grávase en 2012, contén 15 cancións e chámase ‘La Buena Nueva’. Por último, o disco máis recente grávase na Semana Santa de 2014 e contén outras 15 cancións, chámase ‘En el Parlamento’ e é gravado, mesturado e masterizado nos Estudos Pastora por Jose Vázquez e Álvaro Galego. Fan parte do colectivo da Metamovida.

IgMig é un trio músical vigués que condensa a práctica heteroxénea dos seus compoñentes para realizar unha música ecléctica, fresca e totalmente inclasificable. Formado por Mig Seoane (voz e guitarra), Nacho Muñoz (voz e teclados) e Suso Feixón (batería), tres músicos de longa traxectoria en varios
estilos musicais que sempre deixan a pel no escenario. Nesta ocasión, no festival da Metamovida 2016.

A Orquestra Metamovida é a consecuencia da reunión de 4 grupos (Unicornibot, Why Go, Cró!, Buogh!) en 2010 con ganas de facer algo diferente no panorama musical da provincia de Pontevedra. A escusa foi un fin de semana de festa nunha casa do rural galego onde se improvisou libremente e ao final tamén se probou a improvisación conducida mediante xestos. Así, un director dirixe ao resto dos músicos mediante sinais que lles indican aos músicos que ou como facer, ou todo o contrario: nace a Orquestra Metamovida. Ese mesmo ano, vai medrando con xente de Holywater, Unlobo en La Jaula, Durarará, Sierpes dá luz, Es un Árbol, OMEGA e algún que outro convidado ocasional e estréase oficialmente na festa aniversario do MARCO de Vigo. A consolidación da orquestra servirá para que os grupos implicados se relacionen e compartan máis ata o punto en que empeza a formarse un colectivo entorno arredor dos membros da orquestra. Tamén organizan o festival da Metamovida.

Zamaramandi é un grupo vigués composto no ano 2008, formado por 10 integrantes. Crean unha música harmoniosa e melódica, que se achega tanto ao xénero jazz como ao reggae, acompañada con letras de carácter social que compoñen a identidade propia da banda. Acaban de publicar o seu primeiro álbum, ‘Mesopelagic’, onde deixan plasmada toda a súa personalidade. Veñen de tocar en festivais como o Minho Reggae e nesta ocasión podemos velos no Festival da Metamovida.

Subscríbete a Tolemias por 1,10€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 comentarios

  1. Suso Precedo di:

    Eu suscribiríame, porén para velo na Computadora, a mágoa é que só podes facelo con Chrome (e non utilizo dito navegador por consumir grandes recursos aparte doutras cousas), Para cando será ACCESIBLE en calquera navegador?