menú

A terceira tempada de ‘Bron (El puente)’, dispoñible en rebobina

02/12/2016
Blog R

A nova tempada de ‘Bron (El Puente)’ estréase en rebobina. No noso servizo rebobina, en AXN (dial 21), están xa dispoñibles en HD os novos episodios desta exitosa produción de orixe escandinava, pertencentes á terceira tempada, e tamén as dúas primeiras tempadas completas da serie para que poidas poñerte ao día.

13 meses despois, Saga Norén segue traballando na policía do condado de Malmö e non pode evitar botar de menos ao que foi o seu único amigo nas tempadas anteriores, Martin Rohde, que está a cumprir unha condena de dez anos de prisión. Por outra banda, está convencida de que fixo o correcto ao acusalo e de que non pode ser asociada cun asasino.

Saga vese obrigada a traballar cunha nova compañeira, que ten dificultades para aceptala polo ocorrido con Martin. A historia comeza cando se lles asigna un novo caso, o dunha famosa activista de xénero que foi asasinada. Pola estraña disposición do cadáver e a coidada estética da escena do crime, chegan á conclusión de que o asasino quería que atopasen o corpo. Isto marca o comezo dunha serie de asasinatos que de maneira accidental involucrarán a Saga persoalmente.

A súa carreira parece estar en risco e a inesperada aparición da súa nai só complicará a situación. Poderá continuar traballando no caso? A cuestión da responsabilidade persoal exponse a medida que os valores familiares tradicionais e modernos se poñen de manifesto esta tempada.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

  1. MARÍA BELÉN de la Fuente Cobas di:

    Se Anuncia la tercera temporada de Broen, pero no está colgada en rebobina