menú

‘Steve Jobs’ chega a rebobina

27/04/2016
Blog R

Dende o mércores 27 de abril, xa está en rebobina ‘Steve Jobs’, un retrato intimista do brillante cofundador de Apple.

Dende o lanzamento de tres produtos icónicos ata a presentación do iMac en 1998, a longametraxe lévanos ao corazón da revolución dixital para realizar un retrato intimista do seu brillante creador. A película estrutúrase en base a tres momentos públicos determinantes: o lanzamento do Macintosh en 1984, a presentación do NeXT computer en 1988 e a aparición da primeira iMac en 1998.

O filme preséntanos a un Steven Paul Jobs narcisista, fanático do control, perfeccionista visionario e complexo nas súas relacións persoais.

Michael Fassbender (‘Shame’, ‘Prometheus’, ’12 años de esclavitud’) métese na pel do xenio. Completan o elenco Kate Winslet, Seth Roge e Jeff Daniels, entre outros. Fassbender e Winslet recibiron senllas nominacións aos Oscar como Mellor Actor e Actriz de reparto; e a actriz británica gañou ademais o Globo de Ouro pola súa interpretación nesta película.

‘Steve Jobs’ está dirixida por Danny Boyle, recoñecido especialmente pola película ‘Slumdog Millonaire’. O guión é do tamén oscarizado Aaron Sorkin e está baseado na exitosa biografía escrita por Walter Isaacson.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios