menú

‘Star Wars: El Despertar de la Fuerza’, estrea en rebobina

20/04/2016
Blog R

Se es un dos moitos fans de ‘Star Wars’, parabéns, porque dende o mércores 20 de abril xa podes desfrutar de ‘Star Wars: El Despertar de la Fuerza’ en rebobina.

J.J. Abrams (‘Armageddon’, ‘Star Trek’) dirixe esta nova entrega da saga, que sitúa a acción uns 30 anos despois de onde a deixou a sexta película do universo ‘Star Wars’, ‘El Retorno del Jedi’.

A galaxia segue en guerra. Mentres Kylo Ren e a sinistra Primera Orden renaceron das cinzas do Imperio, Luke Skywalker está desaparecido no momento en que a Galaxia máis o necesita. Nas mans de Rey, unha chatarreira do deserto, e Finn, un soldado imperial desertor, está a unir forzas con Han Solo e Chewbacca para atopar a única esperanza que restaure a paz na Galaxia.

‘Star Wars: El Despertar de la Fuerza’ reúne de novo a personaxes e actores da triloxía orixinal: Harrison Ford, Carrie Fisher e Mark Hamill. Tampouco faltan os droides C-3PO e R2-D2 e Chewbaca. A todos eles engádense novas caras, como as da aventureira Rey, interpretada por Daisy Ridley; o soldado Finn, encarnado por John Boyega; Poe Dameron, líder do Escuadrón Negro, ao que dá vida Oscar Isaac. BB-8 é o novo droide da Galaxia.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

4 comentarios

  1. David di:

    No está en rebobina esta pagando
    Y me mandais el correo electrónico día 22

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*