menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

Os sons indies e folk resoan en Tolemias en novembro

07/11/2016
Blog R

O pop de IZAL, o sonido indie de Dorian e Delorean, o folk de Pablo Und Destruktion e Keltia e o clasicismo da Real Filharmonía de Galicia enchen Tolemias de boa música en novembro.

IZAL: É un grupo de música pop/rock orixinario de Madrid, formado por Mikel Izal (vocalista e compositor), encabezando unha formación que completan Alejandro Jordá (batería), Emanuel Pérez ‘Gato’ (baixo), Alberto Pérez (guitarras) e Iván Mella (teclados). O grupo fórmase a finais de 2010, cando Mikel e Emanuel se coñecen en Macedonia con motivo da Bienal de Mozos Europeos. Ao volver a Madrid, van dándolle forma ao grupo coa chegada dos novos compoñentes e gravan o seu primeiro EP, ‘Teletransporte’. Neste concerto, IZAL presenta o seu recente traballo, ‘Copacabana’, no Festival FIV de Vilalba.

Dorian: É un grupo de música que abarca os xéneros indie pop, indietrónica, electropop, dance-punk e rock electrónico. O grupo foi fundado por Marc Dorian (principal compositor e letrista do grupo), Belly Hernández (piano, sintetizadores, arranxos e voces) e Bart Sanz (baixo). Completan a formación titular Lisandro Montes (sintetizadores, guitarras, arranxos e voces) e Víctor López (batería e percusións). Orixinarios de Barcelona e activos desde o 2004, está considerada unha das bandas con máis proxección nacional e internacional da actual escena musical española, sendo habituais as súas xiras por Hispanoamérica e por países de Europa como Francia e Portugal. Foron nomeados en dúas ocasións polos Premios da Música Independente Mexicana (IMAS) como mellor artista español. Tamén aos Premios da Música Independente e aos European Music Akward da MTV en 2010.

Pablo Und Destruktion: O seu nome real é Pablo G. Díaz. Está acompañado da ‘Tribo do Trono’: Javier Bejarano, Sara Muñiz, Anxo Kaplan, Jose A. Rilla, Pablo Pravia e Dolfo Montes. Pablo é un cantautor asturiano, orixinal e hipnótico, que constrúe cancións obsesivas, letras desgarradoras e exhibe unha presenza moi peculiar, que inicialmente pode lembrar a nomes como Bigott. Conxuga o folk brumoso da súa terra de orixe con guitarras de blues, sons industriais de querenza germánica e after punk. O pasado de Pablo atopámolo nas formacións ‘Silencio Oso’ e ‘Arroz’, aínda que tamén colaborou ocasionalmente con ‘Fee Reega’ ou ‘Lombo Baixo’. As súas cancións son cantos íntimos cargados de sensacións e pesares… de emoción desgarradora.

Keltia: Conta a historia do nacemento da Cultura Atlántica en terras galegas, cando Europa aínda estaba sobre unha capa de xeo e a vida humana só era permisible en terras de Keltia/Galicia. Ante o desxeo dos mares, os descendentes de Breogán parten cara a terras do norte e colonizan os seis países celtas, dando orixe á primeira civilización de Europa: os celtas. As tres deusas irlandesas, Eire, Fotla e Banba, que axudarán aos netos de Breogán á conquista de Irlanda, viaxan a Keltia/Galicia e a beleza paisaxística, cultural, gastronómica, fai que se acaben namorando duns Príncipes Celtas. Pero o amor non virá só, acompáñano malos agoiros, invasións romanas, batallas… todo isto e máis co que os protagonistas desta Historia terán que aprender a vivir, a loitar e a soñar.

Delorean: É unha banda vasca, de Zarauz, nacida en marzo do ano 2000. Composta por Ekhi Lopetegi (baixo), Guillermo Astrain (guitarra), Unai Lazcano (teclado), Igor Escudeo (batería), Tomas Palomo (guitarra), caracterizada polos xéneros indie, indie-pop e electrónico. En setembro de 2001, publicaron o seu primeiro traballo, titulado ‘Silhouettes’. A súa presentación levoulles a ir de xira dúas veces por España dando máis de 40 concertos. En outubro de 2013, foron vítimas dun secuestro virtual en México que os mantivo retidos durante 48 horas. En setembro de 2015, participaron no festival boutique ‘Evento Sarmiento’, onde ofreceron un concerto especial que tivo lugar entre viñedos.

Real Filharmonía de Galicia na Quintana: Concerto ofrecido pola Real Filharmonía de Galicia na Praza da Quintana o 28 de Xullo. Dirixida por Paul Daniel, interpreta:
– P. I. Chaikovski: Eugene Onegin: Polonesa
– E. Chabrier: Le roi malgré lui: Fête polonaise
– P. I. Chaikovski: Sinfonía nº 4 en fa m, op. 36

Suscríbete a Tolemias por 1,10€/mes (IVA incluido).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios