menú

‘Soldado Peaceful’, estrea en rebobina

01/06/2016
Blog R

O ‘Soldado Peaceful’ chega a rebobina o venres 3 de xuño.

Dirixida por Pat O’Connor (‘Noviembre dulce’, ‘El secreto de los Abbott’), ‘Soldado Peaceful’ é un drama romántico ambientado na época da Primeira Guerra Mundial.

Jack O’Connelli (‘300: El origen de un imperio’, ‘Invencible (Unbroken)’) e Richard Griffiths, coñecido esencialmente polos seus papeis en películas das sagas Harry Potter e Piratas del Caribe, protagonizan esta película que conta a historia de dous irmáns namorados da mesma muller. En plena guerra, o seu pequeno pobo queda destruído e ambos os dous alístanse no exército.

Completan o elenco da película Frances de la Tour, George Mackay, Alexander Roach, John Lynch e Maxine Peake.

Simon Reade encargouse do guión da película a partir da novela homónina escrita polo inglés Michael Morpurgo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*