menú

Estrea de ‘Siete vidas, este gato es un peligro’, en rebobina

21/12/2016
Blog R

Humor para toda a familia con ‘Siete vidas, este gato es un peligro’, dispoñible en rebobina dende o venres 23 de decembro.

Tom Brand é un executivo con poucos escrúpulos que se dedica de pleno ao seu traballo e a vivir ao límite, algo que a súa familia non ve con bos ollos. Entón, como agasallo de cumpreanos para a súa filla, Tom cómpralle un gato como mascota na tenda do peculiar Grant. Pero de camiño a casa sofre un grave accidente que o deixa en coma e a súa alma queda atrapada no felino. Como poderá recuperar a súa vida normal?

Comedia para toda a familia protagonizada por Kevin Spacey (‘American Beauty’, ‘House of Cards’), Robbie Amell (‘Scooby-Doo: El misterio comienza’), Jennifer Garner (‘Dallas Buyers Club’) e Christopher Walken (‘Pulp Fiction’, ‘Atrápame si puedes’).

‘Siete vidas, este gato es un peligro’ é unha coprodución franco-chinesa dirixida por Barry Sonnenfeld, coñecido por ser o responsable da saga ‘Men In Black’.

 

 

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios