menú

Ryan Gosling e Russell Crowe son ‘Dos buenos tipos’

28/09/2016
Blog R

‘Dos buenos tipos’, protagonizada por Ryan Gosling e Russell Crowe, está dispoñible en rebobina dende o venres 30 de setembro.

O malogrado detective privado Holland March e o matón a soldo Jackson Healy non teñen nada en común ata que se ven inmersos na misteriosa desaparición da persoa que ambos os dous están a seguir e se converten no branco duns adestrados asasinos. A súa investigación, ademais, lévaos a unha multimillonaria conspiración. Healy e March terán que utilizar todos os seus recursos (legais ou non) para salvarse e asegurarse de que a verdade saia á luz.

Ryan Gosling (‘La gran apuesta’, ‘Drive’) métese na pel do investigador Holland March e o oscarizado actor Russell Crowe (‘Gladiator’, ‘Una mente maravillosa’) é un asasino alcohólico nesta comedia con tinguiduras de cine negro ambientada nos anos 70. Completan o elenco Matt Bomer (‘Ladrón de guante blanco’) e Kim Basinger (‘L.A. Confidential).

O director é o polifacético Shane Black, que tamén dirixiu películas como ‘Iron Man 3’, foi guionista en ‘Arma letal’ e mesmo participou como actor en películas como ‘Mejor Imposible’ ou ‘RoboCop 3’.

A película ‘Dos buenos tipos’ foi premiada no último Festival de Cannes, na edición de 2016, na Sección oficial de longametraxes fóra de concurso.

 

 

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios