menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

Rock galego en inglés, en febreiro en Tolemias

15/02/2016
Blog R

Febreiro tráenos a Tolemias o mellor rock galego en inglés.

Con concertos de Riff Raff no Festival de la Luz; The Soul Jackets e Agoraphobia no PortAmérica; Cro e Guerrera no Festival Metamovida; e The Cornelius e Holywater no Music Way.

Riff Raff: O grupo fórmase a finais do ano 1995 co obxectivo de facer un especial de AC/DC. No medio destes xa 18 anos foron teloneiros de grupos como Os Suaves, Heredeiros, Barricada e un longo etc. No verán do 2008, foron os teloneiros dos lendarios Whitesnake no Coliseum de A Coruña. Participaron nalgúns dos mellores festivais e actuaron en numerosos locais de toda Galicia e resto de España. A formación consta de dúas guitarras, baixo, batería e voz, como AC/DC.

Agoraphobia e The Soul Jackets: Non vos deixedes enganar pola súa aparencia anxelical: as mozas de Agoraphobia levan o indie garage rock no sangue. A pesar da súa mocidade e de levar tan só 2 anos xuntas, a súa evolución foi exponencial. Hoxe en día, o seu estilo refire influencias dos 60´s e 70´s e lémbranos a bandas como Violent Femmes, The Donnas ou os Yeah Yeah Yeahs. Pola súa banda, os vigueses The Soul Jacket presentan o seu último traballo, Black Cotton Limited, no Festival PortAmérica 2015.

Cro e Guerrera: Cró! é o berro que a banda usa para definirse a si mesma. Non é só unha mestura de sentimentos de jazz, clásica ou rock, é tamén unha comunicación entre música e video en tempo real. As proxeccións non son aleatorias nin estritas co tempo senón que os clips de video son axustados e
manipulados durante o concerto de forma natural e musical. Guerrera comezou a súa andaina no 2009 en terreos como o blues de pantano, o rock psicodélico, a experimentación e a filosofía setenteira ofertada cunha pegada sen parangón. Especialistas en duelos de guitarras e sós de harmónica e transos hipnóticos.

The Cornelius e Holywater: The Cornelius é unha banda con espírito de rock, influenciada por un montón de vellos discos e sons pops contemporáneos, á que lle interesan as boas melodías que saben vestir con elegancia. Durante os seus sete anos de existencia, traballaron coa xente do talle de Mike Glossop (produtor habitual de Van Morrison) ou Tatsuya Sato (Madonna, Rihanna). Holywater consegue que o seu nome soe con forza ó proclamarse vencedores do concurso Galicia Calidade Única no ano 2000. Grazas ao premio, autofinancian o seu primeiro disco ‘Handlewith Care’ no 2002, e dende entón non deixaron de medrar e percorrer os escenarios de toda a xeografía nacional e internacional, acumulando éxito tras éxito.

Subscríbete a Tolemias por 1,10€/mes (IVE incluído).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios