menú

Revisamos as cifras do servizo rebobina en 2014

15/01/2014
Blog R

Ola a todos. Hoxe queremos repasar con vós as grandes cifras do servizo rebobina, que é algo que sabemos que valorades moito. Porque iso de ver os contidos o día e hora que ti queiras está moi ben. E non tes que andar pelexándote por ver o martes tal o cal programa, porque aí che quedan, para ver noutro momento que tes libre.

O caso é que máis da metade dos nosos clientes de televisión de pagamento son usuarios habituais do rebobina, cifra que supera o 70% no caso dos que teñen un desco HD. E a cifra aumenta mes a mes.

Cantos eventos se viron o ano pasado no rebobina? Pois máis de 10 millóns de contidos. E, dende outubro, cada mes hai máis dun millón de reproducións.

Velaquí como foi o gráfico dos plays mes a mes durante o 2014 (e onde se ve que os meses de frío tiramos moito de sofá, mantiña e tele, e no verán saímos máis á rúa).

datosrebobina2014

E cales son os contidos que máis triunfan? Pois sobre todo as series. Os contidos máis vistos do rebobina foron os da FOX, seguidos de AXN, moi de preto por TNT e despois, xa, Cosmo.

A certa distancia aparecen os documentais, con National Geographic á cabeza, así como os contidos infantís e educativos, que superan -e moito- aos deportes (vese que os pequechos teñen poder e influencia á hora de coller o mando).

Este ano agardamos que siga medrando esa porcentaxe de clientes que usades de xeito habitual o rebobina. E, pola nosa parte, intentaremos seguir mellorando e ampliando o servizo para que teñades a mellor televisión á carta posible.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios