menú

‘Remember’, estrea en rebobina

22/06/2016
Blog R

O venres 24 de xuño chega a rebobina o thriller ‘Remember’.

O oscarizado actor canadense Christopher Plummer (‘Elsa & Fred’, ‘Syriana’, ‘El hombre que pudo reinar’) interpreta a Zev, un sobrevivente do Holocausto cunha inesgotable sede de vinganza contra o militar nazi responsable da morte da súa familia, algo que comparte co seu mellor amigo, Max. Aos seus 90 anos, e ademais enfermo de alzhéimer, Zev embárcase na procura do criminal de guerra e localízao vivindo baixo unha identidade falsa en EE.UU.

Completan o elenco da película Dean Norris (‘Breaking Bad’), Martin Landau (‘Ed Wood’) e Bruno Ganz (‘El lector’). O director da cinta é Atom Egoyan (‘Cautivos’, ‘Condenados’).

‘Remember’ cultivou un amplo número de nominacións e premios no ano 2015; entre eles, galardóns na Sección oficial longametraxes a concurso do Festival de Venecia e do Festival de Mar del Plata e a nominación como mellor filme estranxeiro nos Premios David di Donatello.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*